Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de enero de 2021

Os bombeiros da Coruña impartirán charlas en liña ao alumnado de Primaria na Semana de Prevención de Incendios

Debido a situación sanitaria derivada da pandemia, as actividades programadas trasládanse á Rede

A Semana de Prevención de Incendios que organiza  o Concello, a través do seu servizo de Bombeiros, comezará este luns marcada polas restricións sanitarias que vive a cidade debido á pandemia. Así, o Servizo de Bombeiros da cidade decidiu trasladar as súas actividades á Rede. Do 18 ao 22 de xaneiro, os bombeiros, a través dunha plataforma en liña, realizarán unha serie de charlas dirixidas ao alumnado de 4º a 6º de Educación Primaria nas que participarán distintos centros educativos da cidade (CEIP  Novo Mesoiro, CPR Calasancias, CEIP Maria Barbeito, CEE Nosa Sra. Do Rosario, CEIP Wenceslao Fernández Flórez , CEIP Prácticas).

Trátase dunha iniciativa que busca sensibilizar a cativada sobre a importancia de coñecer o que deben de facer en caso de incendio. Ademais, as charlas tamén teñen como obxecto que as nenas e os nenos non perdan o contacto cos servizos públicos da cidade nestes momentos en que non se poden visitar as instalacións. Deste xeito, os bombeiros poden seguir en contacto cos centros escolares.

As actividades en liña contarán cunha persoa intérprete da linguaxe de signos, xa que unha das videoconferencias vai dirixida a persoas con discapacidade auditiva. 

Todas e todos os participantes recibirán unha serie de cadernos para realizaren as  actividades cos bombeiros. Estes cadernos editounos a Fundación Mapfre, que apoia esta campaña desde o primeiro ano, coa edición de dous vídeos.

O Concello da Coruña a través do seu servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) xunto coa Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros ( APTB) e a Fundación MAPFRE, están a realizar unha actividade de formación dirixida á prevención de incendios en distintos puntos de España. A Coruña foi unha das primeiras cidades en poñer en marcha os programas de prevención entre a poboación.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión