1 de enero de 2026
Tamén continuarán asistindo ás festas infantís de Nadal nos centros cívicos e haberá novas actividades na Casa dos Xoguetes para pechar a programación municipal
Os Reis Magos visitarán o Palacio Municipal de María Pita do 2 ao 4 de xaneiro para recolleren, coa axuda dos paxes reais, as cartas dos nenos e nenas coruñeses. Deste xeito, as persoas interesadas en asistiren poderán facelo de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas os días 2, 3 e 4 de xaneiro. O luns 5, As Súas Maxestades volverán a visitar María Pita tras percorreren distintos barrios da cidade na Cabalgata de Reis.
A programación municipal de Nadal vai chegando á súa fin con diferentes propostas para as máis pequenas e pequenos. Ademais da recepción dos Reis Magos, continuará aberto o Belén Municipal, tamén en María Pita, ata o martes 6. Por outra banda, continúan as festa de Nadal e as visitas dos Reis Magos aos centros cívicos e asociacións veciñais. As festas, que contarán con obradoiros e dinamización, serán nos seguintes centros cívicos: Os Rosales (venres 2, ás 16.30 h), Novoboandanza (venres 2, ás 17.30 h), Os Mallos (sábado 3, ás 16.30 h), Mesoiro (sábado 3, ás 18.30 h), San Pedro de Visma (domingo 4, ás 17.30 h) e Cidade Vella (domingo 4, ás 16.30 h). Por outra banda, este venres 2 os paxes reais tamén visitarán as Bibliotecas Municipais. Estarán a partir das 17.00 horas no Ágora, Fórum Metropolitano, Durán Loriga, Sagrada Familia e Monte Alto. O sábado 3 e o domingo 4 será a quenda das asociacións veciñais. Gaspar, Melchor e Baltasar estarán o sábado no Ventorrillo, A Zapateira, Durmideiras e Bens, mentres que o domingo asistirán a Nostián, Barrio das Flores e Mesoiro e Vío.
Ademais, as actividades para nenos e nenas nos centros cívicos complementarase coas últimas sesións de obradoiros e actividades na Casa dos Xoguetes, que rematarán o sábado 3 de xaneiro. Pódese consultar toda a programación na páxina web do Concello, clicando en Navidad 2025 .

25 de diciembre de 2025

22 de diciembre de 2025

20 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible