Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de maio de 2025

Os Rosales celebra esta fin de semana as súas festas populares con música, gastronomía e actividades para toda a familia

O Concello financia esta celebración mediante as subvencións para organizar festas tradicionais e patronais

O barrio dos Rosales celebrará esta fin de semana as súas festas tradicionais con numerosas iniciativas para todo tipo de públicos. As festas son financiadas polo Concello a través do plan de apoio ás entidades veciñais para a celebración das súas festas patronais. Dita liña de subvencións conta cun orzamento total de 500.000 euros para todas as celebracións tradicionais dos barrios.

As festas comezarán este venres ás 21.00 horas co pregón a cargo do Teatro Interaulas, o CEIP Emilia Pardo Bazán e Carmen Mecha. A partir das 21.30 horas haberá dúas actuacións musicais, a primeira delas de Cara Oculta. Collerá o relevo ás 00.00 horas Miguel Costas, ex membro de Siniestro Total.

O sábado a programación arrincará ás 11.00 cun torneo de xadrez e un circuíto infantil de karts. Haberá ás 12.30 horas un pasarrúas da banda Agagio Cantabile. Xa pola tarde, ás 17.00, comezarán as actividades infantís tradicionais. O sábado haberá tamén unha churrascada popular e unha exhibición de zumbra e de danza. Pola noite, a partir das 22.00 horas, actuará a orquestra Metrópolis.

Xa o domingo, haberá un mercadillo popular de 11.00 a 18.00 horas e unha sesión vermú coa actuación de Andrés Solorzano. Todas as xornadas haberá atraccións para distintas idades.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión