15 de diciembre de 2025
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu as partituras doadas nun acto no comedor Abelenda de María Pita
A Coruña, 15 de decembro de 2025.- A cidade da Coruña é un dos temas fundamentais da extensa obra musical do compositor galego Fernando Vázquez Arias. Este feito, apunta, foi o que o impulsou a ceder a propiedade de varias das súas partituras ao Concello. As pezas clásicas percorren algúns dos puntos máis emblemáticos do rueiro coruñés. Desde o Obelisco ata a Torre de Hércules, pasando pola Mariña, Orzán ou O Parrote.
"Considero A Coruña a miña cidade adoptiva. É onde desenvolvín unha parte moi importante da miña carreira. Por iso quería ter este xesto coa alcaldesa e co Concello. Moitas destas pezas están aínda sen interpretar, e agora están totalmente dispoñibles para que se faga algo bonito con elas", apuntou Arias, que esta tarde entregáballe en man as súas obras a Inés Rey no comedor Abelenda de María Pita.
"Fernando Vázquez Arias é unha das figuras clave na escena da música clásica galega das últimas décadas, e estamos moi honrados por recibir este agasallo", sinalou Rey. Tamén estivo presente no acto o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Fernando Vázquez Arias mantivo desde a súa mocidade unha relación moi estreita coa cidade, xa que se formou nas aulas do seu conservatorio. Ademais, foi o fundador da Escola Amadeus da Coruña e da Nova Orquestra Sinfónica de Galicia. Na súa traxectoria destacan as famosas composicións para piano, as cantatas para coro e solistas, as obras para orquestra sinfónica ou as incursións na música de cámara, entre moitas outras. Ademais, asinou a ópera A Raíña Lupa.

15 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible