Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de marzo de 2026

Preto de 5.000 escolares participarán no programa musical do Concello ‘Vai a banda’

A Banda Municipal de Música ofrecerá 14 concertos matinais no Ágora para o alumnado ao longo de dos semanas

Preto de 5.000 escolares de centros educativos da cidade participarán nas sesións da presente edición do programa 'Vai a banda', que comenzou hoxe no Ágora coas dúas primeiras sesións. A iniciativa, organizada polo Concello coa implicación da Banda Municipal de Música, ten como obxectivo acercar aos rapaces e rapazas, de forma lúdica e entretida, ao mundo da música. 

Nesta ocasión, a temática escollida é 'Unha banda de película'. O alumnado gozará da interpretación, por parte de músicos profesionais, de temas coñecidos e moi queridos da historia das bandas sonoras cinematográficas como Jurassic Park, Carros de Fuego, Toy Story o Sonrisas e Lágrimas, entre outras. 

A primeira tanda de concertos celebrararase, con duas sesións matinais diarias, ata o venres 6 de marzo. A seguinte será entre os días 16 e 18 no mesmo horario -un total de 14 actuacións de 60 minutos-. A práctica totalidade dos centros de primaria da Coruña acudirán ás actuacións. Ademáis, como é habitual neste programa, haberá dúas modalidades, participación e oyente. Así, os nenos e nenas que toquen algún instrumente terán a posibilidade de subir ao escenaria nalgunhas pezas e tocar xunto aos intérpretes da Banda Municipal. Con todo, o grupo oyente tamén será parte do espectáculo, e cantará desde a butaca temas como 'Hay un amigo en mí' ou 'Hakuna Matata', acompañando á banda coa voz. 

A actividade é gratuíta e enmárcase nas accións postas en marcha poo Concello no seu obxectivo de achegar ás novas xeracións a paixón pola música en todos os ámbitos. A propia Banda Municipal facilitou a todos os centros participantes o material necesario para poder tomar parte no  espectáculo.

"O goberno cre que é algo fundamental facer que os nenos e as nenas namórense da música desde as idades máis temperás. Porque é unha linguaxe universal que enche a mente e fainos mellores persoas, máis libres e máis felices. Por iso a nosa aposta por programas como 'Vai a banda' segue a crecer", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión