Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de mayo de 2025

Reabre o parque infantil da rúa Sebastián Martínez Risco, no barrio de Matogrande, onde se ampliaron os espazos de lecer e se renovou o firme da área de xogos

Ademais de en Matogrande, o Concello completou melloras nos parques infantís da praza Casares Quiroga (Elviña) e do monte de San Pedro

O Concello reabriu o parque infantil da rúa Sebastián Martínez Risco, situado no barrio de Matogrande, onde xa se completaron as melloras previstas neste recinto que conta con capacidade para 70 persoas usuarias.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, precisou as actuacións executadas, que arrincaron o pasado mes de marzo coa construción dunha nova bancada corrida de formigón, "coa que ampliamos os espazos de lecer no parque e, de paso, facilitamos que as familias e as crianzas conten con máis superficie para sentar".

Ata agora, o parque contaba con catro bancos. A creación da bancada, que se habilitou aproveitando espazos infrautilizados no recinto, contribuirá a paliar esta necesidade de máis mobiliario urbano. "Ademais, tamén suporá un aforro en termos de conservación e mantemento, xa que retiramos unha antiga varanda de madeira que facía de bordo perimetral, mais que, con esta nova bancada, carecía de utilidade", explicou a concelleira.

A maiores, aproveitando a intervención no conxunto do parque infantil, localizado a carón do centro de saúde do barrio, renovouse o firme de caucho da superficie de xogos, co que se  reforza a seguridade das crianzas.

Nas últimas semanas, actuacións tamén en Elviña e no monte de San Pedro

As melloras executadas no parque infantil da rúa Sebastián Martínez Risco dan continuidade á folla de ruta establecida polo Goberno de Inés Rey para actuar e renovar as áreas de xogos repartidas pola cidade, atendendo as necesidades específicas de cada unha delas.

Neste sentido, ao longo das últimas semanas tamén se actuou no parque infantil da praza Casares Quiroga, en Elviña, e no do monte de San Pedro, renovando o firme das superficies de xogo e, ademais, incorporando novos equipamentos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión