Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de marzo de 2026

Reabre o parque infantil de Puga e Parga tras a renovación das zonas verdes e de xogos

O Concello investiu 130.000 euros en modernizar, humanizar e repoboar de vexetación o recinto do barrio de Cuatro Caminos

 A alcaldesa, Inés Rey, visitou hoxe o novo parque na rúa Púa e Parga -xa aberto case na súa totalidade para o desfrute dos nenos e nenas nas vacacións de Semana Santa- que mellora e humaniza a contorna coa modernización das áreas infantís, a reestruturación dos espazos e a renovación das zonas verdes. 

"Temos un compromiso coa veciñanza de facer unha cidade máis verde e máis limpa, con lugares onde se poida pasear rodeado de vexetación e os nenos e nenas poidan xogar e descubrir. Queremos levar estos espazos a todos os barrios, con proxectos modernos e investimento na mellora da vida da xente", subliñou a alcaldesa Inés Rey durante a súa visita. 

O Concello investiu uns 130.000 euros na posta a punto deste parque no barrio de Cuatro Caminos, respondendo a unha das principais demandas da veciñanza e aos compromisos adquiridos co barrio, dentro das liñas de mellora e humanización do espazo público. "A actuación non só repoblou as zonas verdes e modernizou as áreas infantís, senon que permitiu mellorar tamén as zonas de paso e integrar mellor o recinto no seu entorno", apuntou Rey. 

Na área de xogos renovouse o firme de caucho e reconfigurouse o mobiliario urbano, incluíndo novos elementos como mesas de xadrez. Ademais, actuouse sobre os espazos verdes, cunha nova plantación de céspede sobre base vexetal enriquecida, incorporouse novo arboredo adaptouse a rede de rego para garantir a súa eficiencia. Actualmente, só queda temporalmente pechada a zona habilitada con mesas, onde hai que esperar a que se asente o céspede antes de permitir o tránsito.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión