Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de noviembre de 2020

Rey destaca a aposta de Emalcsa pola innovación e o seu compromiso de servizo coa cidadanía

A alcaldesa, que recibiu esta mañá en calidade de presidenta da compañía o premio Confianza por parte do Consello Social da UDC, recordou os máis de 20 proxectos innovadores desenvoltos nos últimos cinco anos

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá o premio Confianza UDC en calidade de presidenta de Emalcsa, unha distinción coa que o Consello Social da Universidade da Coruña pon en valor a traxectoria da empresa municipal. A rexedora, que tamén presidiu o acto xunto ao reitor Julio Abalde e o presidente do organismo organizador, Antonio Abril, asegurou que un dos aspectos clave da actividade de Emalcsa é o compromiso de servizo coa cidadanía. Engadiu que a compañía reforzou a súa aposta pola innovación e que proba diso son os máis de 20 proxectos desenvoltos nos últimos cinco anos dentro de distintos programas como ECOINNVACION, FP7, H2020 ou CONECTA PEME GALICIA, "o que supuxo un investimento global de máis de 20 millóns de euros".

A alcadesa sinalou que toda esta actividade serviu para que Emalcsa mobilizase recursos e mellorase a formación e o coñecemento do persal traballador, así como a incorporación doutras firmas coruñesas ao movemento innovador. No seu discurso, Rey destacou "a importantísima achega da UDC, que foi o principal apoio de Emalcsa neste esforzo", que hoxe se viu recompensado con este recoñecemento. Pola súa parte, o director xeral, Jaime Castiñeiras, apuntou que a UDC e Emalcsa son dous referentes claros da actividade pública da nosa contorna: "A súa colaboración non só é frutífera para os obxectivos específicos de ambas as institucións, senón que tamén é un exemplo de sinerxía de recursos de cara á promoción e mellora da vida das e dos cidadáns".

O Consello Social tamén distinguiu co Premio Impulso UDC á GEAMA (Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente) e co Premio Emprende ao proxecto de Bioloxía e Información Marítima Ártabra.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión