Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de octubre de 2022

A alcaldesa e o presidente destacan o ton construtivo da reunión e a vontade de seguir traballando dende a lealdade institucional

Rey e Rueda acordan o investimento de 13,5 millóns de euros en equipamentos da cidade

Pactan que a Xunta de Galicia incremente as súas achegas á Orquestra Sinfónica de Galicia ata os 3 millóns de euros anuais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda acordaron hoxe na súa primeira reunión oficial o investimento de 13,5 millóns de euros en equipamentos da cidade. En concreto o presidente da Xunta comprometeuse a investir 5,5 millóns de euros nos centros deportivos da súa titularidade: Elviña, Agra e Sardiñeira (2,5 millóns para actuacións de carácter urxente) e 8 millóns de euros nos centros educativos da Coruña. 

Ambos os mandatarios acordaron tamén incrementar a dotación da Xunta para a Orquestra Sinfónica de Galicia ata os 3 millóns de euros anuais. 

Rueda e Rey chegaron tamén a un acordo para a cesión do antigo edificio da Comandancia para a construción por parte da Xunta dun albergue de peregrinos, cesión que se concretará de forma inmediata mediante a sinatura dun convenio. 

A alcaldesa, que destacou o ton construtivo da reunión, comprometeuse a licitar o concurso de ideas para a construción do centro de saúde de Santa Lucía na primeira semana de novembro e ambos os mandatarios acordaron impulsar os accesos ao Chuac mediante o desenvolvemento do convenio xa asinado por ambas as administracións. 

Ademais abordaron a necesidade de traballar conxuntamente na mellora do transporte metropolitano e na programación de actividades conxuntas con motivo do Ano Picasso.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión