Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de febrero de 2021

Rey promove acender de azul os edificios máis emblemáticos das cidades EDUSI para conmemorar o Día de Europa

A alcaldesa remitiulles unha carta a todas e todos os rexedores co fin de simbolizar neste xesto a intención de “seguirmos adiante na construción dun espazo común, de calidade urbana, integrador, sustentable e resiliente”

A alcaldesa, Inés Rey, remitiulles unha carta ás e aos rexedores das outras 172 cidades EDUSI de España co fin de conmemorar o Día de Europa o próximo 9 de maio cunha acción conxunta, en que cada membro ilumine de azul no solpor desa xornada os seus edificios máis emblemáticos. Segundo Rey, nesta situación sanitaria actual, cómpre agudizar o enxeño para seguirmos adiante na construción dun espazo común, de calidade urbana, integrador, sustentable e resiliente.

Por esta razón, a alcaldesa promove esta posta en común co obxecto de celebrarmos xuntos un aniversario, o da declaración de Robert Schuman, que supuxo un impulso decisivo á Unión Europea. A través do acendido, Rey engade que "poñemos de manifesto o noso enfoque global para irmos máis alá das nosas fronteiras e sumarmos esforzos, compartirmos recursos e multiplicarmos resultados". A súa proposta consiste en unírmonos nun xesto tan sinxelo como é o de vestir de azul as nosas cidades co obxectivo de chegarmos a todos os recunchos de dentro e fóra de España e transmitirmos así a idea de unión e consenso que abandeira a Unión Europea.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión