Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de diciembre de 2021

Sae á venda o Calendario Municipal do 2022 coas imaxes gañadoras do concurso de fotografía

Este sábado 11 de decembro estará dispoñible nos quioscos e librarías da cidade

O Concello anuncia a saída á venda este sábado o seu tradicional Calendario Municipal, que conta coas imaxes gañadoras do concurso de fotografía que convocou o Goberno local, como é habitual. O almanaque estará dispoñible en librarías e quioscos a un prezo de 1,30 euros.

Consta de trece imaxes, unha de portada e doce para cada mes do ano. Entre as imaxes destacan estampas de lugares singulares e moi recoñecibles da cidade. A Mariña, Azcárraga ou María Pita están presentes entre as fotografías. Mantense, polo tanto, o estilo clásico dun almanaque moi consolidado entre as coruñesas e os coruñeses. Esta publicación anual conta cunha grande aceptación e é tamén un agasallo habitual para aquelas persoas que viven lonxe da cidade.

O concurso fotográfico estivo dirixido a toda a cidadanía. Afeccionadas/os á fotografía presentaron imaxes representativas da Coruña, que foron valoradas por un xurado formado pola alcaldesa, unha persoa representante de cada partido con representación en María Pita e os xefes de fotografía dos principais medios da cidade.

Ademais das fotografías actuais, cada mes conta cunha imaxe clásica, como tamén é habitual. As fotos antigas pertencen ao Arquivo do Reino de Galicia. A maioría corresponden aos primeiros anos do século XX.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión