7 de mayo de 2025
As ofertas para optar aos 23 postos poderán presentarse nos vindeiros días por vía electrónica, unha vez que se publiquen as bases no BOP
Este mércores aprobouse en Xunta de Goberno Local a saída a concurso dos postos da planta baixa do interior do mercado municipal de San Agustín que ou ben están baleiros ou en réxime de ocupación temporal.
O Concello licita 23 lotes a 15 anos, coa posibilidade de prorrogalos por ata dez anos máis. O obxectivo, tal e como explicou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey é dobre: por unha banda, facilitarlle espazos ao pequeno comercio para a venda de produtos frescos e de proximidade e, por outra, incentivar a explotación e uso das instalacións no interior do mercado, que nos seus postos exteriores xa está ao 100% da súa capacidade, coa meirande parte dos postos abertos e con outros dous a piques de facelo.
As ofertas para optar a estes 23 postos da planta baixa no interior do mercado poderán presentarse nos vindeiros días por vía electrónica, unha vez que se publiquen as bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Como xa é habitual, o Concello informará ao respecto nas canles oficiais da apertura do prazo, que será de 30 días hábiles.

13 de diciembre de 2025

10 de diciembre de 2025

9 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible