Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de julio de 2023

As entradas para todas as actuacións continúan á venda nos puntos habituais

Scorpions estrean hoxe o escenario do Coruña Sounds, polo que tamén pasarán Rubén Blades, Marea e ZAZ

Rubén Blades actuará o xoves 20, Marea farao o sábado 22 e Zaz pechará o ciclo o 31 de xullo

A banda de metal alemá Scorpions inaugura hoxe o escenario do ciclo de concertos Coruña Sounds, situado nos peiraos de Batería e Calvo Sotelo. Será o punto de partida para máis de dúas semanas de actuacións no Porto, polo que tamén pasarán Rubén Blades, Marea e ZAZ, ademais do Morriña Fest, con numerosos artistas de prestixio internacional.

O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, supervisou esta mañá as derradeiras tarefas de montaxe no recinto do Coruña Sounds. Estivo acompañado de Álvaro Yáñez, codirector do Morriña Fest, e Juan Rivera, de Hijos de Rivera, patrocinador do evento.

Para esta noite espérase a asistencia de máis de 12.000 persoas. "Este concerto marca un punto de inflexión para a realización de eventos de gran formato nun espazo tan singular da nosa cidade como é o Porto", sinalou Gonzalo Castro.

As entradas para todas as actuacións continúan á venda a través de Ataquilla e da billeteira da praza de Ourense. "O ciclo de concertos Coruña Sounds é unha iniciativa do Goberno de Inés Rey co obxectivo de continuar abrindo os peiraos á cidadanía e dinamizar a oferta cultural e musical do verán coruñés", sinalou Castro.

Tres actuacións máis

O xoves 20 de xullo será a quenda de Rubén Blades, o máximo expoñente da salsa a nivel mundial, xunto á Big Band de Roberto Delgado, composta por case 20 músicos. O panameño conta cunha carreira sobresaínte de máis de cincuenta anos, nos que colleitou numerosos éxitos e recoñecementos. É considerado un dos máis grandes artistas latinos do século XX e conta entre os seus recoñecementos con 10 premios Grammy e outros 13 premios Grammy Latinos. As entradas para o seu concerto costarán 35 euros.

O sábado 22 de xullo actuará no porto a banda Marea, un referente do rock nacional que estará acompañado de Bocanada. A formación liderada por Kutxi Romero regresa á Coruña tras encher o Coliseum no 2019 para presentar o seu novo disco 'Los Potros del Tiempo'.

Por último, pechará este ciclo de actuacións musicais no porto ZAZ, o gran fenómeno da música en francés, o vindeiro luns 31 de xullo, dentro da súa xira 'Organique Tour'. O seu pop enche recintos en toda Europa e actuará por primeira vez na cidade.

As actuacións no porto coruñés completaranse a fin de semana do 28 e 29 de xullo coa celebración do Morriña Festival, que contará nesta edición coa presenza de destacados artistas internacionais de diferentes xéneros como Nicky Jam ou Two Door Cinema Club.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión