12 de noviembre de 2018
Dende as 07.00 horas do 11 de novembro até as 07.00 horas do 12 de novembro
DETIDO POR UN DELITO DE DESOBEDIENCIA E RESISTENCIA AOS AXENTES DA AUTORIDADE
Ás 23.30 horas do 11 de novembro, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala do 092 para que se trasladase á zona da avenida da Pasaxe onde, ao parecer, unha persoa estaba a causar molestias no interior dun local. Xa no lugar, a dotación estrevistouse co encargado do establecemento, que relatou como un home tentara acceder á zona restrinxida para os camareiros e arrincar un dos carteis do baño, mentres estaba a fumar. Esta persoa, que aínda estaba no interior do establecemento porque fixera caso omiso dos requirimentos do encargado para que abandonase o local, negouse a ser identificado pola patrulla cunha actitude desafiante e agresiva. A dotación detivo ao home, de 43 anos, e tramitou denuncia ao xulgado de garda por un delito de resistencia grave aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, quedando a disposición xudicial nos calabozos policiais.
CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA
- O 11 de novembro un condutor foi denunciado por dar positivo na proba de alcoholemia, tras ser detectado por unha dotación cando circulaba pola avenida da Gramela. O condutor, un home de 62 anos, arroxou uns resultados positivos de 0,59 e 0,56 mg/l nas probas de alcoholemia, o que lle podería supoñer unha sanción económica de 1.000 € e a retirada de 6 puntos da súa autorización administrativa para conducir. Do vehículo que conducía fíxose cargo un condutor alternativo con habilitación legal para conducir e en condicións normais.
- O 11 de novembro unha dotación deu o alto a un vehículo cando circulaba pola avenida da Sardiñeira e someteu ao seu condutor ás probas de alcoholemia. O home, de 46 anos, arroxou uns resultados positivos de 0,63 e 0,64 mg/l, o que lle podería supoñer unha sanción económica de 1.000 € e a retirada de 6 puntos da súa autorización administrativa para conducir. O vehículo foi inmobilizado e retirado ao Depósito municipal de vehículos como medida cautelar de seguridade viaria.
- Ás 05.00 horas do 12 de novembro o condutor dun vehículo, un home de 26 anos, que circulaba pola avenida Pedro Barrié de la Maza, arroxou uns resultados positivos de 0,59 e 0,56 mg/l nas probas de alcoholemia, o que lle podería supoñer unha sanción económica de 1.000 € e a retirada de 6 puntos da súa autorización administrativa para conducir. Do vehículo que conducía fíxose cargo un condutor alternativo con habilitación legal para conducir e en condicións normais.
- Ás 05.50 horas do 12 de novembro unha dotación deu o alto a un turismo na praza de Pontevedra e detectou que o seu condutor presentaba signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. O home, de 45 anos, arroxou uns resultados positivos (0,81 e 0,75 mg/l) polo que se lle tramitaron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria polo procedemento de xuízo rápido. O vehículo que conducía, da marca e modelo Audi A4, foi inmobilizado e retirado ao Depósito municipal de vehículos como medida cautelar de seguridade viaria.
15 de mayo de 2024
11 de abril de 2024
19 de febrero de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible