Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de enero de 2023

Técnicos municipais acceden aos murais de Lugrís no edificio da rúa Olmos e elaborarán un informe sobre o seu estado de conservación

Nas vindeiras semanas os técnicos avaliarán que tarefas son precisas para a súa conservación e restauración

Técnicos municipais accederon esta mañá ao edificio do número 25 da rúa Olmos, antigo local de hostalaría onde se conservan murais pintados por Urbano Lugrís, un dos pintores coruñeses máis recoñecidos do século XX. O Concello tiña citado á propiedade esta mañá para que persoal municipal puidera comprobar en persoa o estado das obras. Semanas atrás os propietarios xa tiñan remitido imaxes destas. 

Os técnicos municipais puideron comprobar que os murais conservan a súa integridade, mais será preciso elaborar un informe detallado sobre eles nos vindeiros días para coñecer o estado exacto de cada unha das nove pezas conservadas, e determinar que tipo de tarefas son precisas para a súa restauración e conservación. Os representantes da propiedade amosaron a súa colaboración, que o Goberno local agradece, para facilitar o acceso ás obras sempre que sexa preciso para realizar os estudos técnicos necesarios. 

O pasado mes de novembro o inmoble sufriu desprendementos na fachada, polo que se valou a contorna e contactouse coa propiedade desde o Concello, para que tomara as medidas precisas. Ademais, se lles requiriu para que informaran sobre o estado dos murais localizados no interior, e informouse tamén á Dirección Xeral de Patrimonio da situación. O Concello elaborará agora os informes pertinentes e determinará as accións precisas para velar pola correcta conservación dos murais.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión