26 de enero de 2022
Serán un total de dúas funcións, previstas para venres e sábado ás 20.30 horas. A programación deste semestre traerá á cidade a Javier Gutiérrez, Ana Belén, Areta Bolado e Manolo Caro, entre máis intérpretes
O Teatro Rosalía de Castro abre esta semana a nova tempada do Ciclo Principal de Teatro-Primavera 2022, que chega coa novidade da reactivación do programa de abonos que, por razóns sanitarias, permaneceu en agarda desde outono do ano 2020.
Son trece as obras que integran a programación de primavera do Ciclo Principal de Teatro no Rosalía de Castro, que dará comezo este venres 28 e sábado 29 (ás 20.30 horas) co espectáculo True West, unha coprodución de Octubre Producciones, Tanttaka Teatroa e Bitò Produccions baixo a dirección de Montse Tixé.
True West, unha comedia negra protagonizada por Tristán Ulloa e Pablo Derqui, amosa a historia do desenlace dunha rivalidade entre dous irmáns que presentan, coa súa dualidade, a natureza conflitiva do ser humano. Por unha banda está Lee, un buscavidas; e pola outra, Austin, un guionista. Os dous atópanse de novo na casa familiar, onde as súas diferenzas lévanos cara a unha deriva autodestrutiva mentres procuran, conxuntamente, dar forma a un guión cinematográfico que podería cambiar as súas vidas para sempre.
As entradas para asistir aos dous espectáculos, que comezará tanto venres como sábado ás 20.30 horas, están á venda e dispoñibles a través da páxina web de Ataquilla.com e tamén no despacho de billetes central do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) da praza de Ourense (de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas), con prezos de 5 a 18 euros para o público xeral. Os pases tamén poderán adquirirse os días das actuacións, nos despachos de billetes do Teatro Rosalía de Castro (de 16.00 a 20.00 horas), sempre que haxa entradas dispoñibles.
O cumprimento das pautas e medidas sanitarias contra a Covid-19
Durante a sesión, e en virtude das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19, será obrigatorio dispor do certificado de vacinación e tamén o uso de máscaras para as persoas asistentes. Ademais, e en todo momento, tanto na agarda, acceso e estancia dentro do recinto, as usuarias e usuarios deberán seguir as instrucións do persoal.
Por outra banda, non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa Covid-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e as que non finalizasen o período de illamento, así como as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa afectada por síntomas ou diagnosticada da Covid-19.
Outras doce obras previstas ata mediados de xuño
Ademais de True West, a programación do Ciclo de Teatro-Primavera 2022 no Rosalía de Castro abrangue doce obras máis durante este primeiro semestre de ano. Son as seguintes:
4 e 5 de febreiro: Moria, con Marta Vieira e Ruth Sánchez.
11 de febreiro: RIF (De piojos y gas mostaza), con Arantxa Aranguren e Néstor Ballesteros.
18 e 19 de febreiro: Atocha, el revés de la luz, con Nacho Laseca e Fátima Baeza.
4 e 5 de marzo: El cuaderno de Pitágoras, con Manolo Caro e Emmanuel Cea.
12 de marzo: Tierras del Sud (Trilogía Pacífico), con Laida Azkona e Txalo Toloza-Fernández.
18 e 19 de marzo: Eva contra Eva, con Ana Belén e Mel Salvatierra.
27 de marzo: El diablo en la playa, con Celeste e Claudia Faci.
1 e 2 de abril: Lo fingido verdadero, con María Besant e Montse Díez.
8 e 9 de abril: Smoke on the water, con Josito Porto e Belén Constenla.
22 e 23 de abril: Erresuma. Kingdom, con José María Pou e Eneko Sagardoy.
20 e 21 de maio: As que limpan, con Areta Bolado e Noelia Castro.
Actividades relacionadas
30 de abril de 2024
29 de abril de 2024
27 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible