27 de enero de 2025
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recibiunos e destacou o impulso do Goberno de Inés Rey a estes espazos, con melloras nas instalacións e ampliación da súa programación
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recibiu esta mañá no Aquarium Finisterrae a unha delegación do goberno de Cuba, que levaron a cabo unha visita guiada e informativa das instalacións. O obxectivo é explorar a posibilidade de implantar o modelo dos Museos Científicos Coruñeses no país americano, así como establecer lazos de colaboración e aprendizaxe.
"Desde o Goberno de Inés Rey estamos orgullosos da evolución que están a ter os nosos Museos, que cada ano son máis visitados e contan cun plan de melloras que nos permitiu nos últimos anos renovar o sanatorio de focas do Aquarium ou o proxector da Casa das Ciencias", apuntou tras a visita Gonzalo Castro. O edil tamén destacou o papel importante que xoga a programación paralela e complementaria que teñen os tres museos, con iniciativas que supoñen un valor engadido aos módulos permanentes das instalacións.
As persoas asistentes ao encontro puideron comprobar in situ as diferentes salas e o funcionamento diario do Aquarium Finisterrae. A delegación cubana estivo encabezada pola presidenta da Axencia Cubana de Medio Ambiente, María de los Ángeles Serrano, directora xeral de Acuarios Nacionales, Ana América Socarras, a directora xeral do Proyecto Turismo Sostenible, Rudy Montero Mata, e o consul de Cuba en Galicia, Javier Álvarez. Tamén participaron o presidente da Fundación Iris para el Cambio Climático, Odalys Aldana, a directora xurídica da Fundación Iris, Andy Willian Mesa, e a especialista principal de relacións exteriores da Fundación Iris, Ingrid Izquierdo.

24 de abril de 2026

25 de marzo de 2026

16 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible