Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de diciembre de 2020

Unha expedición dos mellores surfistas do mundo inspeccionarán mañá as ondas xigantes do Portiño

Coñecidas como “As Rubias”, estas vagas de grandes dimensións poderán chegar mañá até os 20 metros de altura no baixo de fóra. O Concello da Coruña organizará nunhas semanas o a primeira edición do Coruña Big Waves, un evento que “porá á Coruña no calendario internacional de ondas grandes e xigantes” e que incluirá o campionato de Galicia e de España de ondas grandes.

A Concellería de Deportes informa de que algúns dos mellores surfistas do mundo visitaron esta fin de semana a nosa cidade para inspeccionaren a ondas xigantes do Portiño que chegaron aos 10 metros de altura. Mañá, a partir das oito da mañá e durante as horas que as condicións do mar o permitan, esta expedición de deportistas acuáticos surfeará as ondas xigantes coñecidas como "As Rubias", que rompen no medio do mar e poderán acadar até os 20 metros de altura no baixo de fóra.

O Concello da Coruña organizará nunhas semanas o a primeira edición do Coruña Big Waves, un evento que "porá á Coruña no calendario internacional de ondas grandes e xigantes", asegurou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e que incluirá o campionato de Galicia e de España de ondas grandes.

O brasileiro Lucas Chumbo, un dos mellores surfistas de ondas grandes do mundo, asegura que a onda do Portiño é "unha esquerda moi poderosa e moi extensa". Sobre a súa visita estes días á Coruña, o gañador da Nazaré Challenge afirmou que "é necesario adestrar para saber como surfeala". Lucas acaba de gañar no País Vasco a Punta Galea Challenge.

Outro surfista da elite mundial é Eric Rebiere, coñecedor desta onda desde hai moitos anos. "Foi o día máis grande dos que surfeei no Portiño. A primeira sesión da onda pareceume a mellor, moi vertical e con pouca corrente, o que vai axudar os competidores do evento a baixar ondas moi grandes", sinalou o surfista afincado na Coruña sobre a xornada de onte.

Para o coruñés Juan Fernández, campión de España de ondas grandes, a do Portiño "é unha onda difícil, pero con moito potencial e ao carón da miña cidade, onde me faría moita ilusión competir". Outro surfista local, Alberte Álvarez, comentou que a onda do Portiño é "unha xoia ao carón da casa. Podes surfear ata os swells máis pequenos".

Tamén están na Coruña a franco-brasileira Michelle des Bouillons, primeira muller que participou na Xigantes de Nazaré; Ian Cosenza, vixente campión do Illa Pancha Challenge xunto a Lucas Chumbo; e Lucas Fink, campión do mundo en 2019 de skimboard (surf de ondas orilleiras).

Para esta sesión contarán cos equipos de seguridade do campionato Coruña Big Waves e do Campionato do Mundo de ondas xigantes e cos técnicos de Nazaré Water Fun, que estará en conexión mar e terra co equipo da empresa local After surf.

Para os medios de comunicación interesados en cubrir a xornada de adestramento do luns, máis información nos números de teléfono 606 315 714 (Jose Luis Díaz) e 606 315 714 (Eric Rebiere).

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión