15 de agosto de 2022
“75 anos de escavacións en Elviña: do Castro a cidade” terá un carácter marcadamente didáctico e divulgativo
A mostra, composta por cinco paneis informativos, estará ubicada na zona do Obelisco desde o 16 de agosto ata o 11 de setembro
Unha exposición achegará á cidadanía a importancia do Castro de Elviña, coincidindo coa celebración dos 75 anos do comenzo das primeiras escavacións arqueolóxicas desenvoltas nun dos xacementos de maior interese de Galicia.
A mostra "75 anos de escavacións en Elviña: do Castro a cidade", está composta por cinco paneis e estará ubicada no Cantón, na zona do Obelisco, desde o 16 de agosto ata o 11 de setembro, aínda que posteriormente trasladarase ao Museo Arqueolóxico de San Antón, onde poderá visitarse tamén.
A exposición ten un marcado carácter didáctico e divulgativo, de tal xeito que nos paneis combinanse as imaxes cos textos para afondar na evolución histórica, artística e urbanística do xacemento, cuxa proximidade a cidade dalle se cabe unha relevancia cultural e histórica aínda máis importante.
Hai setenta e cinco anos comezaron as primeiras escavacións arqueolóxicas no Castro de Elviña. Estes traballos deron á Coruña un dos xacementos arqueolóxicos de maior interese para comprender as sociedades da Idade do Ferro e o proceso de romanización en Galicia. A importancia do castro como elemento arqueolóxico, así como a historia e lendas asociadas a el, xorden como eixes estratéxicos na difusión deste patrimonio e no seu mantemento na memoria colectiva.
Con esta exposición búscase baixar o castro á cidade para achegalo á cidadanía e invitar a coñecer este gran xacemento e a súa historia. De feito, recentemente culminaron os traballos de restauración do acceso principal ao recinto, continuando os labores desenvoltos na zona do torreón.
O Castro de Elviña está aberto a todas as persoas que queiran visitalo, de xeito gratuíto, no horario establecido para as visitas guiadas. Do 1 de xuño ao 30 de setembro todos os sábados e domingos ás 12.00 h, e do 1 de outubro ao 31 de maio os domingos ás 12.00 h. Para poder coñecelo e visitalo, hai que facer reserva no teléfono do Museo Arqueolóxico de San Antón: 981189850
25 de abril de 2024
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible