Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de diciembre de 2021

Van Morrison actuará na Coruña o 31 de marzo de 2022 tras aprazar o seu concerto deste venres

As entradas xa mercadas serán válidas para esta nova data e as persoas que prefiran a devolución poderán facela efectiva a partir deste 3 de decembro

O concerto que Van Morrison ía ofrecer este venres 3 de decembro no Coliseum da Coruña queda aprazado ao 31 de marzo, ás 20.30 horas, debido a motivos de saúde do artista. A organización puido confirmar as novas datas das actuacións do artista británico en Madrid e A Coruña.

Esta xira polo país trasládase ao primeiro trimestre do 2022. As entradas adquiridas para o concerto da Coruña serán válidas para esta nova data e os seus portadores non deberán facer ningunha xestión. As persoas con billete que prefiran a devolución do importe poderán solicitalo a partir desde venres e durante un prazo de 15 días na súa canle de venda. As persoas que usaron a plataforma Ataquilla recibirán un correo electrónico con unha ligazón de solicitude. Quen mercou a entrada na praza de Ourense, deberá achegarse á taquilla.

A organización do evento quixo amosar as súas desculpas polas molestias que este aprazamento puidese causar aos asistentes.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión