Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de noviembre de 2020

Vídeo do AgoraSón de outono 2020 con Susana Seivane en concerto

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou o pasado 23 de outubro o AgoraSón con Susana Seivane en concerto. A gravación do concerto íntegro está á disposición de todo o público para visionalo de balde.

Ante a situación de responsabilidade na que nos puxo ese virus que atacou tanto a saúde das persoas como a nosa cultura, arte e vida social, tomamos a decisión de pechar portas pero non fiestras para realizar este evento.

A música ten a posibilidade de entrar a través de calquera pequena fenda, poro, oco ou furadiño. Así entra por este espazo o vídeo que dende Normalización Lingüística do Concello da Coruña fixemos para o noso AgoraSón de outono, celebrando con Susana Seivane e a súa banda o Día Internacional das Bibliotecas.

Non foi nos formatos habituais pero entendemos que a cultura debe vivir mentres matamos "o bicho" e afrontamos novas maneiras de desfrutar do noso desde a butaca da casa, en zapatillas e nos horarios que nos permitan conciliar o mellor posible.

Picade na ligazón e que soe a gaita! O espectáculo debe continuar!

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión