Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de mayo de 2021

Vídeo do AgoraSón de primavera 2021 "Por Xela"

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón primavera 2021 cun espectáculo gravado, por mor da crise sanitaria, para celebrar as Letras Galegas.

Con este espectáculo celebramos a homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias.

O traballo discográfico, "Hasme oír", dedícase exclusivamente a musicar os poemas dos catro libros de Xela Arias, desde Denuncia do equilibrio ata Intempériome, pasando por Tigres coma cabalos e Darío a diario.

A proposta inclúe tamén fotografía proxectada, ao xeito do gusto interdisciplinar da poeta, que mesturaba os seus versos con foto en obras como Tigres coma cabalos, spoken Word ou música, polo que o fotógrafo Xulio Gil, fotógrafo de cabeceira e autor da súa fotobiografía, acompaña con retratos da autora o escenario onde a música e a poesía coinciden.

A parte poética, comisariada pola poeta e tradutora Tamara Andrés, escolle catro poetas multidisciplinares (Nuria Vil, Helena Salgueiro, Estíbaliz Espinosa e Vanessa Glemsel) para que mesturen as súas voces en escena coa música do grupo A Banda da Loba. 

Espectáculo recomendado para todos os públicos.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión