Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de enero de 2025

Entre os autores en galego –todos de máxima actualidade– o próximo luns participará o primeiro chegado de fóra das fronteiras administrativas de Galicia, recente gañador do Premio Afundación

Voces de África, América e Europa no novo trimestre de Poetas Di(n)versos

Os meses de inverno traerán ao ciclo coruñés poetas do maior renome de Suíza, A Arxentina e Angola a recitar no Ágora en romanche, español e portugués

Ininterrompido dende que botara a andar a súa 16.º edición anual o pasado outubro, Poetas Di(n)versos desvela agora a que será a súa programación para os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Tres novas citas coa mellor poesía en galego e en calquera outra lingua do mundo que se poderán seguir un luns ao mes ás 20.00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural Ágora e con entrada gratuíta ata completar a capacidade. "O Goberno de Inés Rey promove este ciclo de tan alta calidade, que achega á cidadanía o mellor da poesía nacional e internacional e permite encher os espazos municipais de actividade", sinala o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Serán os días 20 de xaneiro, 24 de febreiro e 31 de marzo, e participarán algunhas das voces máis recoñecidas da poesía romanche, arxentina e angolana a carón de voces de absoluta actualidade en lingua galega, todos con novas entregas poéticas baixo o brazo.

A primeira das citas chegará xa este vindeiro luns, reunindo dúas poéticas escritas en variedades dialectais de linguas minorizadas. Se a suíza Jessica Zuan cultiva versos na variante puter da lingua retorrománica (tamén coñecida como romanche), o asturiano Miguel Rodríguez Monteavaro faino nun galego falado fóra de Galicia, en Asturias. Con eles -entre outros galardóns- gañou ela o último Premio de literatura dos Grisóns e el o Premio de Poesía Afundación, un dos máis prestixiosos do panorama galego e que recaía por vez primeira nunha voz externa ás nosas fronteiras administrativas.

O mes que vén reuniranse no Centro Ágora unha das autoras máis valoradas na poesía arxentina contemporánea, María Negroni, a carón da poeta e xornalista rianxeira Noelia Gómez. Se a segunda publicaba hai poucas semanas 'Desenfoque' baixo o coidado selo de Apiario, a primeira tamén acababa de sacar 'La idea natural' en Acantilado.

O último día de marzo recitarán Ondjaki e Séchu Sende. O multipremiado poeta e narrador luandés é un dos autores de maior repercusión e proxección internacional de Angola e reside hoxe no Brasil, mentres que o escritor, sociolingüista e regueifeiro padronés Séchu Sende romper agora un silencio poético duns 15 anos ao publicar en Chan da Pólvora Passa-montanhas.

O ciclo de lecturas públicas fundado e dirixido pola poeta e xestora cultural Yolanda Castaño -recoñecida o pasado ano co Premio Nacional de Poesía- continúa a ser unha cita de referencia única en España pola súa regularidade, diversidade e alta calidade literaria. Todas as lecturas ofrecerán folletos coleccionables coas biografías e poemas das persoas convidadas e emitiranse igualmente por streaming.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión