Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de marzo de 2020

Yoya Neira: “Debemos loitar contra calquera expresión de odio ou intolerancia, veñan do ámbito que veñan, e illar aquelas persoas ou organizacións que as profiran”

A concelleira presentou esta mañá no consistorio o informe anual do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia do 2019 xunto a membros da asociación ALAS Coruña e do Observatori Contra l'Homofobia de Cataluña

Esta mañá presentouse no concello o informe anual do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia do ano 2019, en que participaron a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, Carlos Emilio Mella Casal, presidente de ALAS Coruña (entidade que xestiona o observatorio), e José Cuadrado, director de Comunicació do Observatori Contra l'Homofobia de Cataluña.

O informe, que leva por nome "Servindo a igualdade", ten como obxectivo informar e cuantificar os delitos contra a LGTBIfobia. En concreto, na cidade da Coruña necesitáronse no pasado ano 58 atencións, 20 das cales estaban referidas a incidentes de odio contra esta comunidade.

Yoya Neira felicitou a ALAS Coruña "polo traballo realizado durante este ano no Observatorio e polo seu compromiso na loita en favor da diversidade afectivo-sexual na nosa cidade" e a todas as entidades activistas da Coruña polo seu traballo diario. A edila asegurou que "desde as administracións públicas debemos loitar contra calquera expresión de odio ou intolerancia, veñan do ámbito que veñan, e illar aquelas persoas ou organizacións que as profiran. Tamén debemos seguir traballando pola educación en liberdade, arma indispensable para conseguir que as ditas expresións desaparezan da nosa sociedade e conseguir así unha máis decente, unha sociedade que non humilla os seus membros".

O presidente de ALAS Coruña lembrou que a asociación cumpre este ano o seu décimo aniversario e agradeceu a colaboración de todas as persoas que participaron "nesta viaxe cara á igualdade real". Mella tamén explicou que achegarán o documento presentado hoxe "a diferentes institucións como a Valedora do Pobo, Policía Nacional e Policía Local, Participación Cidadá ou o Ministerio do Interior" e que o informe está xa dispoñible na páxina web da entidade xa que "os datos son totalmente accesibles".

José Cuadrado fixo referencia á importancia de "cuantificar a LGTBIfobia co fin de amosarlles datos das agresións ás institucións para que se traduzan en políticas públicas LGTBI activas".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión