Concello da Coruña

Concello da Coruña

APP Coruña

Nesta páxina

Que é a APP Coruña?

A App Coruña é unha app de servizos da túa cidade, unha ferramenta dixital coa que poderás consultar e acceder de maneira áxil a múltiples servizos. Así, poderás acceder á axenda de eventos da cidade, a información en tempo real sobre o tráfico, horarios e tempos de chegada dos autobuses, alugueiro das bicicletas públicas, a túa información administrativa (os recibos, impostos, padrón etc...) e moito máis. Esta app é unha excelente ferramenta para estar ao día dos servizos municipais e da vida da cidade.

Descarga a App de servizos municipais da Coruña agora e mantente ao día sobre os servizos máis relevantes da cidade.

Conta de usuario/a e identificación

A aplicación dispón de múltiples servizos que están dispoñibles sen necesidade de rexistráreste nin estar identificado/a na aplicación, como poden ser axenda de eventos, novas, servizos preto de min, información de liñas e autobuses e tempos de chegada, información de tráfico e aparcamento, e un longo etc.

Para outros, non obstante, necesitararemos que previamente te rexistres no noso sistema de identificación cidadá, ou que inicies sesión se xa dispós dunha conta. Para algúns servizos necesitaremos tamén validar o teu DNI. Isto facémolo para que poidas acceder a unha información e servizos moito máis personalizados. Distinguirás estas opcións na aplicación cun cadeado. Para máis información sobre isto podes consultar tamén a sección de Identidade dixital

Servizos

Ao abrires a aplicación por primeira vez pedirémosche que selecciones distintas opcións como que tipo de usuario/a es (cidadá/n ou turista), o teu idioma preferido e se queres que utilicemos unha localización non exacta para informarte sobre servizos preto de ti. Non te preocupes se queres cambiala en calquera momento, poderás facelo dende a sección de configuración.

Para facer máis personalizada a túa experiencia ofrecémosche unha portada de inicio que poderás personalizar engadindo novos accesos directos a servizos da aplicación ou widgets, que iremos incrementando con novos continuamente. Será A túa portada. Tamén che ofrecemos un cómodo acceso a notificacións que desexes recibir.

Para acceder á multitude de servizos que che ofrecemos poderás facelo desde a botoneira inferior da app seleccionando distintas opcións de dereita a esquerda: menú, preto de min, os meus favoritos ou procuras personalizadas, o meu perfil e os meus datos, ou volver á túa portada.

A aplicación permitirache recibir notificacións que consideres de interese sobre a cidade.

Así mesmo dentro da propia app poderás consultar información sobre:

  • ACTUALIDADE: noticias, redes sociais municipais, canle de vídeo municipal
  • LECER E CULTURA: equipamentos de lecer e cultura (museos, teatros,...); axenda de eventos clasificados por distintas categorías e que poderás filtrar e buscar aqueles que máis che interesen; información sobre bibliotecas, catálogo, os teus préstamos e a túa identificación dixital; visualización en liña de películas e documentais
  • TRANSPORTE: dende consultar información completa de autobuses, crear alertas de tempos de chegada, ou planificar unha ruta; alugar unha bici do servizo de BiciCoruña, reservar unha bici; ver as túas viaxes, os teus datos de subscrición, etc; información de taxis.
  • TRÁFICO: avisos de incidencias de tráfico, próximos cortes de vías, estado da circulación, cámaras de tráfico, gasolineiras e prezos, electrolineiras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión