Do mesmo xeito que usas o teu DNI para identificarte para realizar calquera trámite ou xestión presencialmente, a túa identidade dixital permite levar a cabo múltiples xestións co Concello da Coruña comodamente desde o teu móbil ou o teu computador, no momento que ti queiras e desde calquera lugar.
Mediante o sistema de identidade dixital do Concello da Coruña, poderás utilizar moitos servizos municipais mediante un proceso simple de rexistro a través dunha conta de correo electrónico e/ou utilizando a túa identificación en redes sociais (Google, Apple, Facebook ou Instagram). Se xa estás a utilizar servizos como Bicicoruña ou a App Millennium Proxima para pagar o bus urbano, xa dispós automaticamente da túa identidade dixital cidadá e non será necesario que te rexistres outra vez.
Dependendo do servizo municipal ao que queiras acceder, necesitaremos dispoñer de maior ou menor información sobre a túa identidade.
Defínense catro niveles de confianza na identidade o cidadán. Cada servizo necesitará un nivel minimo de confianza na identidade do cidadán e este só poderá acceder ao devandito servizo se está identificado con ese nivel de confianza ou un superior.
Niveis existentes
Os niveis son os seguintes:
Nivel 1
O medio de identificación foi un rexistro mediante correo electrónico ou entrada cunha rede social (Facebook, Google ou Apple). Neste nivel a persoa só asegura que ten acceso ao correo electrónico que proporcionou. Permitiralle facer trámites e xestións nos que non sexa obrigatorio proporcionar datos da súa identidade, por exemplo, informar dunha incidencia ou fochanca en vía pública, solicitar un colector na túa rúa, etc.
Nivel 2
A persoa asociou un número de teléfono móbil coa súa conta verificando que ten acceso a esa liña telefónica. Este nivel permitiralle votar en procesos participativos.
Nivel 3
Para obter este nivel a persoa proporcionou datos persoais que se comproban cos que obran en posesión do Concello. Un exemplo destes datos poden ser o seu DNI, número de cartón Millennium e código postal de empadroamento. Unha vez verificados a persoa terá acceso total aos servizos municipais, por exemplo: consultar imposto, descargar certificados de empadroamento, etc.
Nivel 4
Neste nivel a identidade real da persoa está comprobada. Pode obterse este nivel acudindo a algunha dependencia municipal para realizar unha identificación presencial ou, proximamente, usando un medio confiable como o sistema Cl@ve. Unha vez que a túa conta de usuario dispoña do nivel 4 poderás iniciar trámites, presentar documentación, asinar solicitudes, etc. comodamente desde o teu computador ou teléfono móbil.
¿Que requisitos teño para aumentar o meu nivel de autenticación/confianza?
¿Onde teño que acudir para identificarme?
Se dispós de certificado dixital podes realizar este trámite desde a páxina Activación da identidade dixital cidadá . Noutro caso podes facelo tamén de forma presencial acudindo ás seguintes oficinas de atención:
Podo cambiar o meu enderezo de correo electrónico ou móbil unha vez creada a conta?
Si. Unha vez iniciada a sesión en Identidade dixital podes cambiar os teus datos de contacto. Se tes dúbidas, chama ao 010 e informarante do proceso.
Que pasa se non me acordo do contrasinal?
En Identidade dixital podes recuperar o teu contrasinal a partir do teu correo electrónico ou móbil. Se tes dúbidas, chama ao 010 e informarante do proceso.
Podes consultarnos as túas dúbidas por Internet, teléfono ou presencialmente. Elixe o medio que prefiras en Comunícate!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible