Concello da Coruña

Concello da Coruña

Identificación con Cl@ve

Consegue o máximo nivel de confianza da túa Identidade Dixital Municipal sen saír de casa

Videoidentificación con Cl@ve

A Identidade Dixital Municipal do Concello da Coruña permite acceder de forma segura aos servizos electrónicos municipais. Para determinados trámites é necesario dispoñer do nivel máximo de confianza, que garante unha identificación reforzada do cidadán.

Tradicionalmente, este nivel podía obterse mediante unha acreditación presencial. Con todo, hoxe tamén é posible conseguilo sen desprazarse, utilizando os medios de rexistro avanzados do sistema Cl@ve, a plataforma de identificación electrónica das Administracións Públicas.

Se xa dispós dun rexistro avanzado en Cl@ve, ou o obtés mediante algún dos procedementos habilitados, poderás utilizalo para alcanzar o máximo nivel de confianza da Identidade Dixital Municipal desde o teu domicilio.

Que é Cl@ve?

Cl@ve é o sistema común de identificación electrónica das Administracións Públicas españolas. Permite acceder de forma segura a miles de servizos públicos utilizando distintos mecanismos de autenticación, evitando ter que crear usuarios e contrasinais diferentes para cada organismo.

Antes de utilizar Cl@ve é necesario realizar un rexistro, que pode efectuarse mediante diferentes procedementos, cada un deles cun nivel de garantía determinado.

Máis información sobre Cl@ve: https://clave.gob.es/rexistro/como-podo-rexistrarme.html

Opcións de rexistro en Cl@ve

Actualmente Cl@ve ofrece varias modalidades de rexistro das que destacamos:

1. Videoidentificación automática

Permite rexistrarse completamente por Internet utilizando a aplicación oficial de Cl@ve. O proceso consiste en verificar a identidade mediante un vídeo guiado realizado desde o teléfono móbil.

É un procedemento moi cómodo e rápido, aínda que proporciona un nivel básico de rexistro, suficiente para numerosos servizos administrativos, pero non para realizar trámites na sede electrónica. Nun período de dous ou tres días, laborables un empregado público de Cl@ve revisará o proceso automático obtendo o nivel máximo nivel de confianza da Identidade Dixital Municipal sen saír de casa e xa podendo realizar trámites na sede electrónica. Nese momento recibirá un correo electrónico desde Cl@ve avisándo da obtención do nivel máximo.

Vídeo explicativo do proceso de videoidentificación automática

Información oficial: https://clave.gob.es/rexistro/como-podo-rexistrarme/rexistro-basico-internet-videoidentificacion-automatica.html

2. Rexistro con certificado electrónico ou DNI electrónico

As persoas que xa dispoñen dun certificado electrónico válido ou dun DNI electrónico poden completar o rexistro avanzado integramente por Internet.

Este procedemento proporciona un nivel avanzado de rexistro, sen necesidade de desprazamentos.

Información oficial: https://clave.gob.es/rexistro/como-podo-rexistrarme/rexistro-avanzado-internet-certificado-dni

3. Rexistro presencial

Quen o prefira tamén poden realizar o rexistro de forma presencial en calquera das oficinas habilitadas para iso.

Información oficial: https://clave.gob.es/rexistro/como-podo-rexistrarme/rexistro-avanzado-oficina-rexistro

Que opción necesito para obter o máximo nivel de confianza?

Para obter o máximo nivel de confianza da Identidade Dixital Municipal mediante Cl@ve é necesario dispoñer dun rexistro avanzado.

Podes conseguilo de calquera destas formas:

  • Mediante videoidentificación con revisión manual (sen saír de casa).
  • Mediante certificado electrónico ou DNI electrónico.
  • Acudindo presencialmente a unha oficina de rexistro.

Deste xeito, se elixes calquera das modalidades avanzadas dispoñibles por Internet, poderás completar todo o proceso desde o teu propio domicilio, evitando desprazamentos e gozando de todas as garantías de seguridade que ofrece o sistema Cl@ve.

Como fago a videoidentificación?

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión