Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina de atención cidadá

Biblioteca Municipal Ágora

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 886

Fax:

981 189 887

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

Horario

  • Inverno
    • Luns a venres de 9.00h a 20.30h, excepto os martes, que pecha de 14.00h a 16.00h.
    • Sábados de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.30h.
  • Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
  • Semana Santa (pechada o sábado)
  • Verán (15 de xuño a 30 de setembro)
    • Luns a venres de 9h 14h e de 16h a 20.30h.
    • Sábado de 10h a 14h
  • Semana grande (primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto)
    • Luns a venres de 9h 13h e de 16h a 19.30h.
    • Sábado pechada.

Horario

  • Inverno (1 de outubro a 14 de xuño)
    • Luns a venres de 9.00h a 20.30h, excepto os martes, que pecha de 14.00h a 16.00h.
    • Sábados de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.30h.
  • Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
  • Semana Santa (pechada o sábado)
  • Verán (15 de xuño a 30 de setembro)
    • Luns a venres de 9h 14h e de 16h a 20.30h.
    • Sábado de 10h a 14h
  • Semana grande (primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto)
    • Luns a venres de 9h a 14h e de 16h a 20.30h.
    • Sábado pechada.

Como chegar

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 7 - Liña 12A - Liña 14

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, novas e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais para levarche en préstamo, música e cinema, computadores de acceso público, conexión wifi, aulas para traballos en grupo ou para o autoaprendizaje, consolas e videoxogos...

Busca e descobre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1700 metros cadrados.

Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dá servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).

A Biblioteca atópase dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto dos veciños da súa zona de influencia.

Consulta as cifras desta e outras bibliotecas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión