Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina especializada

Biblioteca Municipal Ágora

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 886

Fax:

981 189 887

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

Inverno: luns, mércores, xoves e venres: 09:00 - 20:30 h

martes: 9:00-14:00 h e 16:00-20:30 h

Sábados: 10:00-14:00 h e 17:00-20:30 h

Verán: luns, mércores, xoves e venres: 09:00 - 20:30

martes: 9:00-14:00 h e 16:00-20:30 h

Sábados: 10:00-14:00 h

Fóra destes horarios a devolución de libros farase na caixa de correos da porta principal.

Como chegar?

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 7 - Liña 12A - Liña 14

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

A Biblioteca Municipal Ágora intégrase dentro da rede de bibliotecas municipais da Coruña e ofrece os seguintes servizos:

Espazos para nenos/as, novidade e persoas adultas:

  • Bebeteca, de 0 a 3 anos
  • Zona infantil que se divide en dous tramos de idade con espazos diferenciados: de 0 a 8 anos e de 9 a 14 anos. Centro de interese SOS Nais e Pais, que reúne unha selección de recursos para orientar as familias nas diferentes etapas do crecemento dos/as fillos/as.
  • Zona xuvenil
  • Zona de persoas adultas
  • Préstamo de documentos, tanto a socios individuais como socios colectivos (entidades): libros de ficción e de materias, películas, documentais, CDs de música etc.
  • Internet e ofimática. Acceso a Internet con equipo portátil propio mediante Wifi ou ben utilizando os ordenadores de uso público que hai na biblioteca.
  • Visionado de películas e audición.
  • Lectura de xornais e revistas.
  • Reserva de aulas a grupos, para realizar traballos en grupo ou reunións.
  • Actividades de promoción da lectura para todas as idades, cursos, charlas, visitas á biblioteca, talleres etc.
  • Servizo de atención tecnolóxica
  • Escáner
  • Voluntariado: cos seguintes programas Préstamo no fogar, Lectura en voz alta, alfabetización de persoas adultas...

Máis información

A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1.700 metros cadrados.

Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dálle servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).

A Biblioteca atópase dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, e dálle servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Actividades relacionadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión