Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina especializada

Cidade Deportiva de Riazor

Enderezo:

Rúa Manuel Murguía s/n, Bj. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 800

Fax:

981 189 801

981 189 803

Páxina web:

http://www.coruna.gal/deportes

Horario:

PALACIO DE DEPORTES DE RIAZOR

Instalacións:

Luns a domingo de 08.00 h a 24.00 h

Días especiais de Nadal:

24, 25 e 31 de decembro: pechado

1 e 6 de xaneiro: pechado

5 de xaneiro: 08.00 h a 15.00 h

PISCINA MUNICIPAL DE RIAZOR

Horario das instalacións:

  • Inverno (outubro a xuño): luns a xoves de 07.45 h a 09.00 h, de 14.30 h a 16.00 h e de 21.00 h a 22.30 h. Venres de 07.45 h a 09.00 h, de 14.30 h a 16.00 h e de 20.15 h a 22.30 h
  • Inverno (vacacións de Nadal, segundo o calendario escolar): luns a venres de 08.00 h a 12.00 h, de 14.00 h a 16.00 h e de 20.00 h a 22.00 h. Días 24, 25, 30 e 31 de decembro: pechado. Días 1 e 6 de xaneiro: pechado
  • Verán (xullo): luns a xoves de 08.00 h a 21.30 h. Venres de 08.00 h a 17.00 h e de 18.30 h a 21.30 h
  • Verán (agosto): pechado

PISTAS POLIDEPORTIVAS 1 e 2

Horario das instalacións: luns a domingo de 08.00 h a 24.00 h

Horario de días especiais de Nadal:

  • 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro: pechado
  • 5 de xaneiro: 08.00 h a 15.00 h

Data de peche das instalacións: 1 ao 15 de xullo

FRONTÓN LONGO

Horario das instalacións: luns a domingo de 08.00 h a 24.00 h

Horario de días especiais de Nadal:

  • 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro: pechado
  • 5 de xaneiro: 08.00 h a 15.00 h

TITULARIDADE: Servizo Municipal de Deportes

PALACIO DOS DEPORTES

Servizos:

  • 3 ximnasios
  • Pista de parqué flotante
  • Pista de atletismo sintética de 4 rúas
  • Vestiarios

Data de inauguración: 1 de agosto de 1970.

ESTADIO DE RIAZOR

Servizos:

  • Campo de fútbol de herba natural de 68 x 105 m.
  • Sala de prensa e estudio de televisión
  • 3 vestiarios
  • Palcos Vip
  • Tenda
  • Bancada con capacidade para 37.000 persoas

PISCINA DE RIAZOR

Servizos:

  • Cursos de natación para embarazadas.
  • Cursos de natación posparto.
  • Escolas de natación
  • Bancada con capacidade para 500 persoas
  • Adestramento de clubs
  • Servizo de guindastre para o transporte, ata a piscina, de persoas con discapacidade

Tarifas:

Para a retirada das entradas, bonos etc. é necesario presentar o DNI e pódense adquirir na Cidade Deportiva de Riazor, na Cidade Deportiva da Torre ou no Polideportivo do Barrio das Flores.

  • 1 hora: 3,42 €
  • Alugueiro de 1 rúa: 21,43 € a hora
  • Abono de 20 usos: 22,32 €

Normas para os usuarios da piscina:

  • Para acceder á piscina é imprescindible a presentación do carné ou retirar a entrada correspondente.
  • Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado de rúa.
  • É obrigatorio ducharse previamente á entrada no vaso, así como a utilización do gorro de baño.
  • Recoméndase o emprego de zapatillas de auga por motivos de hixiene, así como o uso de albornoz e lentes de natación.
  • Non se permite o emprego de colchóns, flotadores, aletas, lentes de cristal ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para os demais usuarios.
  • Respectarase en todo momento o uso da rúa asignada a cada actividade.
  • Por razóns de seguridade queda prohibido lanzarse á auga polos laterais do vaso, así como correr pola zona de praia.
  • As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que de risco, deberán advertilo previamente aos e ás socorristas.
  • Co fin de facilitar un maior aproveitamento da instalación deberán seguir as instrucións dos socorristas.
  • Os menores de 14 anos estarán acompañados dun adulto durante o uso libre da instalación.

Normativa:

Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo, publicado no DOG nº 90 do 11 de maio de 2005. Corrección de erros, publicada no DOG nº 94 do 18 de maio de 2005.

Real Decreto 742/2013, de 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas, publicado no BOE nº 244 do 11 de outubro de 2013. Correción de erros, publicada no BOE nº 271 do 12 de novembro de 2013. Corrección de erros, publicada no BOE nº 156 do 27 de xuño de 2014.

PISTAS POLIDEPORTIVAS

Servizos:

  • Unha pista sintética cuberta de 20 x 40 m para a práctica de bádminton, balonmán, fútbol sala e voleibol
  • Unha pista de cemento cuberta de 20 x 40 m para a práctica de patinaxe artística, hóckey sobre patíns e hóckey sala
  • 3 vestiarios
  • 1 ambigú
  • 1 almacén
  • Bancada con capacidade para 1.000 persoas

FRONTÓN LONGO

Servizos:

  • Un rocódromo para a práctica de escalada deportiva
  • Unha pista de 24 x 50 m para a práctica de bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol sala, pelota vasca, cesta punta, tenis, voleibol
  • Bancada con capacidade para 500 persoas

NORMATIVA E TAXAS

Ordenanza fiscal nº 15, reguladora de la tasa por la prestación de los servicios en las instalaciones Deportivas Municipales.

PALACIO DOS DEPORTES DE RIAZOR

5 Actividades deportivas €/hora:

  • 5.1 Adestramentos federados e uso libre:
    • 5.1.1 Pista Central 19,26 €

A anterior tarifa aplicarase cando o número de usuarios ou usuarias sexa igual ou menor de 25. A partir desta cifra, por cada 10 persoas de exceso ou fracción, a cota resultante incrementarase nun: 50 %

  • 5.2 Pista de atletismo (1 rúa). Só poderán ser utilizadas por deportistas federados, opositores, clubs, federacións ou academias dedicadas á preparación de oposicións.
    • 5.2.1 Entrada diaria (por persoa) 1,55 €
    • 5.2.2 Abono 20 usos (por persoa) 15,45 €
    • 5.2.3 Entrada diaria (por club, federación ou academia) 11,12 €
    • 5.2.4 Abono 20 usos (por club, federación ou academia) 110,83 €

6 Competición federada:

  • 6.1 Pista central (máximo dúas horas por partido), sen despacho de billetes 108,76 €
  • 6.2 Competición atlética (máximo dúas horas), sen despacho de billetes 108,76 €
  • 6.3 Competicións con despacho de billetes 145,34 €

Á anterior tarifa incrementarase un 11 % sobre a recadación obtida, a partir desa cantidade. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional ao tempo de exceso.

  • 6.4 Veladas de boxeo, loita libre e similares 4.434,07 €

7 Outros Actos

  • 7.1 Actividades físico-deportivas
    • 7.1.1 Actividades físico-deportivas (dúas horas) sen despacho de billetes 778,05 €
    • 7.1.2 Actividades físico-deportivas (dúas horas), con despacho de billetes 778,05 €

Á anterior tarifa aplicaráselle un 11 % sobre a recadación obtida. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo de exceso.

  • 7.2 Festivais e actos non deportivos:
    • 7.2.1 Festivais e actos non deportivos , por acto, sen despacho de billetes 3.589,09 €
    • 7.2.2 Festivais e actos non deportivos, por acto, con despacho de billetes 4.433,69 €

O anterior despacho de billetes incrementarase aínda un 11 % sobre o total da recadación obtida.

FRONTÓN MUNICIPAL LONGO E POLIDEPORTIVAS 1 e 2

8 Actividades deportivas.

  • 8.1 Adestramentos, 1 hora. 16,74 €

Cando o número de participantes exceda de 25 persoas, a cota incrementarase por cada 10 persoas de exceso ou fracción en 50 %

9 Competicións federada

  • 9.1 Pista (máximo 2 horas), sen despacho de billetes 92,03 €
  • 9.2 Competicións con despacho de billetes 92,03 €

A tarifa anterior incrementarase nun 11 % sobre a recadación obtida a partir desa cantidade.

  • 9.3 Velada de boxeo, loita libre ou similar 510,33 €

10 Outros actos

  • 10.1 Actividades fisico-deportivas:
    • 10.1.1 Actividades fisico-deportivas, dúas horas, sen despacho de billetes 510,33 €
    • 10.1.2 Actividades fisico-deportivas, con despacho de billetes. 510,33 €

A tarifa anterior incrementarase nun 11 %s obre o total da recadación obtida. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo de exceso.

  • 10.2 Festivais e actos non deportivos:
    • 10.2.1 Festivais e actos non deportivos, por acto, sen despacho de billetes 1.271,65 €
    • 10.2.2 Festivais e actos non deportivos, por acto, con despacho de billetes 1.798,72 €

A tarifa anterior incrementarase nun 11 % sobre a recadación obtida a partir desa cantidade.

PISCINA MUNICIPAL DE RIAZOR

18 Tarifa Xeral (acceso, adestramentos e competicións, sen despacho de billetes)

  • 18.1 Cota de entrada pública, por persoa e hora de uso 3,42 €
  • 18.2 Abono de 20 usos dunha hora en horario público 22,32 €
  • 18.3 Uso exclusivo rúa por hora 21,43 €
  • 18.4 Uso exclusivo piscina por hora 102,8 € 
  • 18.5 Competicións que requiran o uso das seis rúas por un período non superior a catro horas 145.64 €

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión