28 de febreiro de 2020
A cativada protagonizará mañá unha nova iniciativa impulsada pola veciñanza e as empresarias e os empresarios do barrio, na que haberá inchables, concurso infantil de disfraces e moitas sorpresas
A Cidade Vella celebrará mañá o Entroido pequeno cunha xornada en que as nenas e os nenos serán os principais protagonistas. Organizada pola Asociación de Veciños e Empresarios da Cidade Vella (AVEC) e co apoio do concello, esta iniciativa nace coa aspiración de que sexa esta parte histórica da Coruña a que despida estas festas a golpe de comparsas e entretemento para a rapazada. A partir do mediodía, as comparsas Monte Alto a 100 e os Kilombeiros poñeranlle ritmo a unha praza da Fariña (Azcárraga) que acollerá un concurso infantil de disfraces e un segundo de filloas e de orellas, para os que se repartirán diferentes premios e nos que haberá sorpresas. Non é necesario inscribirse.
Ademais, ata as cinco da tarde e se a climatoloxía o permite, instalaranse dous inchables co fin de que os e as pequenas pasen un día divertido, así como un obradoiro de pintura. Os locais da Cidade Vella tamén contribuirán á festa repartindo sobremesas típicas entre a súa clientela.
Deportes
10 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible