Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
4 de xullo de 2020
O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, participou hoxe na “Andaina Primavera no Camiño”, promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés da que forma parte a cidade.
O presidente do Consorcio de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e a xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, participaron esta mañá na "Andaina Primavera no Camiño", unha iniciativa promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación co obxectivo de reactivar a ruta como un "camiño seguro" e con todas as garantías tras o confinamento, e na que participaron todos os municipios adheridos á asociación. O grupo encabezado polo edil recorreu o camiño dentro dos límites do concello co fin de animar ás e os peregrinos a volver á ruta, insistindo na seguridade sanitaria no percorrido e nos albergues.
O concelleiro apuntou que entre as iniciativas que o concello ten previsto desenvolver para promocionar o Camiño Inglés desde A Coruña destaca a organización no mes de outubro dun press trip para convidar a xornalistas e blogueiro/as a que coñezan esta senda xacobea, e promocionar o Camiño Inglés entre outros produtos do destino A Coruña. Esta iniciativa conta coa colaboración da Oficina de Turismo da Embaixada de España en Irlanda.
Ademais, entre o 21 e o 24 de xullo, o concello, a través do Consorcio de Turismo, colaborará nas xornadas Ecom Way Historias do Camiño, co fin de poñer en valor a comunicación 2.0 no Camiño Inglés. Dese xeito blogueiras/os gastronómicos e xornalistas farán a ruta xacobea para descubrir a súa cultura, patrimonio, gastronomía e sustentabilidade. O día 21 terá lugar un encontro no hotel Finisterre onde se analizará a importancia da comunicación dunha marca.
O Camiño Inglés conta en Galicia con dúas alternativas: o itinerario desde A Coruña de 73 quilómetros e o que parte de Ferrol con 112,5 quilómetros. O Pleno da Coruña ratificou por unanimidade o pasado mes de maio a súa adhesión á asociación. O luns está previsto que o concello participe na asemblea xeral da asociación para formalizar a súa adhesión. Coa súa incorporación xa están integrados 16 dos 18 municipios polos que pasa este ramal do Camiño Inglés.
Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá
15 resultados
O 27 de feb de 2021
“A veciñanza demostrou que o sentimento do Entroido, unha das festas máis emblemáticas da cidade, é un sentimento arraigado, e a creatividade e as tradicións tamén se poden desfrutar desde a casa e cumprindo coas medidas”, asegurou a alcaldesa, Inés Rey
O 19 de feb de 2021
Os concelleiros Juan Ignacio Borrego e Jesús Celemín entregáronlle esta mañá 1.300 unidades á directiva do IES Eusebio da Guarda dentro dunha campaña coa que ambas as áreas pretenden reforzar a seguridade e contribuíren a unha maior concienciación da veciñanza
O 11 de feb de 2021
O persoal técnico de Infraestruturas traballa xa no lugar para substituír o colector danado e calcula que en dúas semanas deberían estar os traballos rematados
O 10 de feb de 2021
As coruñesas e coruñeses poderán participar no certame desde este sábado subindo fotos ás redes dos seus traxes, que deberán ser tomadas nos domicilios de maneira individual ou en familia
O 29 de xan de 2021
Desde a Área de Seguridade Cidadá sinalan que “a Policía Local colaborará no control dos accesos ao recinto ferial regulando o tráfico e no cumprimento das medidas de seguridade por parte das veciñas e dos veciños que a Xunta de Galicia convoque a estas probas”
O 23 de xan de 2021
Os axentes interpuxeron 2 denuncias a un local de hostalería onde se tramitaron 23 sancións, “todos os clientes menos un cometían polo menos una infracción” Durante a fin de semana a Policía Local continuará con controis e inspeccións con axentes de paisano e uniformados para que se respecte a normativa
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible