Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de abril de 2021

A visita de Sofía Toro ao CEIP Prácticas inaugura mañá o ciclo Coruña Olímpica

O programa consiste nunha serie de entrevistas a deportistas olímpicos/as coruñeses/as para darlle a coñecer a experiencia deportiva, pero sobre todo a persoal, ao alumnado de varios centros educativos da cidade

O ciclo Coruña Olímpica botará a andar mañá coa visita da regatista olímpica Sofía Toro ao CEIP Prácticas. O programa, impulsado polas concellerías de Deportes e Educación, está dirixido a escolares de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria de centros educativos públicos e concertados da cidade e consiste nunha serie de entrevistas a través das cales se dará a coñecer a experiencia deportiva, pero sobre todo a persoal das e dos deportistas de elite coruñeses.

O 15 de abril Victorino González visitará o CEIP Anxo da Garda, o 22 de abril Roberto Naveira visitará o Fogar de Santa Margarida, o 29 de abril Indalecio Iglesias visitará o CEIP Juan Fernández Latorre, o 6 de maio Andrés Díaz o Colexio Plurilingüe Esclavas, o 12 de maio Francisco "Pucho" Boedo o CEIP Alborada, o 13 de maio Chuny Bermúdez de Castro o CEIP Wenceslao Fernández Flórez e o 20 de maio Paula Medín o CEIP Juan Fernández Latorre.

O edil de Educación, Jesús Celemín, sinalou que o ciclo "é unha ferramenta moi importante para promocionar o deporte e educar en valores olímpicos e deportivos". A titular de Deportes, Mónica Martínez, lembrou que "a pandemia roubounos os Xogos 2020, pero non o talento das e dos deportistas coruñeses que participaron ao longo da historia dos xogos".

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión