Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2020

Alejandro Fernández presentará “Hecho en México” o 6 de decembro no Coliseum

As entradas para o concerto poñeranse á venda este venres, ás 12.00 horas, a través de Ticketmaster e en El Corte Inglés

A xira española que Alejandro Fernández realizará na última recta do ano incluirá unha parada o 6 de decembro no Coliseum para presentar o seu álbum "Hecho en México", que publicará o venres, o mesmo día en que estarán dispoñibles as entradas para velo. As localidades sairán á venda ás 12.00 horas en Ticketmaster e en El Corte Inglés. Ademais, o artista actuará en Málaga, Tenerife, Bilbao, Madrid e Barcelona e dará por vez primeira concertos en Londres e París, destinos que se unen a toda unha xira americana xa confirmada.

Alejandro Fernández interpretará os temas do novo disco "Hecho en México" (Universal), que é 100% mariachi. Son once historias diferentes de amor e desamor para as que contou coa colaboración de Christian Nodal, Luis Carlos Monroy, Jorge Massias e Chico Elizalde e que gravou entre Barcelona, Los Ángeles e Nova York. Trátase dunha homenaxe a un xénero que o cantante soubo levar ao seu terreo e que inclúe os sinxelos "Caballero" e "Te olvidé".

Alejandro Fernández vendeu máis de 35 millóns de discos en todo o mundo cos que chegou a ser número un en México, Estados Unidos, España e América Latina. En todo este tempo, obtivo numerosos recoñecementos e colaborou con artistas como Beyoncé, Christina Aguilera, Gloria Estefan, Marc Anthony, Rod Stewart ou Plácido Domingo, seguindo o legado do seu pai Vicente Fernández, sen esquecer as raíces.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

81 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión