Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
21 de novembro de 2020
Desde o Servizo Municipal de Bibliotecas sinalan que “o obxectivo é contribuír cos nosos recursos e competencias a axudar a paliar a situación actual que está a ameazar os colectivos máis vulnerables”
O proceso de dixitalización dos trámites administrativos, impulsado polas medidas fronte á crise sanitaria actual, está a aumentar a fenda dixital entre os colectivos máis vulnerables que tamén son os que precisan realizar máis trámites para recibiren servizos básicos. As Bibliotecas Municipais da Coruña, conscientes desta necesidade social, ofrecen un servizo de atención tecnolóxica ao que calquera persoa pode acudir para resolver as súas dúbidas e problemas, tanto para tramitar en liña prestacións sociais básicas como para obter os documentos e certificados esixidos. A alcaldesa e responsable de Cultura, Inés Rey, sinalou que cómpre evitar que se produzan máis desigualdades e "desde o Concello poremos ao dispor das coruñesas e coruñeses todos os medios para lles resolver calquera tipo de xestión e que non queden atrás".
Desde o Servizo Municipal de Bibliotecas sinalan que "o obxectivo é contribuír cos nosos recursos e competencias a axudar a paliar a situación actual que está a ameazar os colectivos máis vulnerables".
En cada biblioteca municipal da cidade unha persoa experta atenderá de xeito persoal e individual as cuestións que puideran xurdir neste ámbito, como tamén as referidas a outros aspectos tecnolóxicos como son os dispositivos electrónicos, redes sociais, ferramentas, páxinas web etc.
Alcaldía
87 resultados
O 22 de xan de 2021
A alcaldesa presidiu esta tarde na Cociña Económica o acto de entrega do donativo de máis de 30.000 euros recadado este ano na actividade organizada por Isabel Ruiz
O 22 de xan de 2021
A coordinadora do ciclo, Yolanda Castaño, destacou que ambas as voces son moi conscientes da faceta escénica da poesía nunha nova entrega que se poderá ver vía streaming a través da web das Bibliotecas Municipais da Coruña e que se adiantará ás 20.00 horas para cumprir coa limitación de mobilidade nocturna
O 22 de xan de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, que desvelou os datos do informe sinala que “son moi preocupantes” e instou a cidadanía a evitar os contactos sociais e restrinxilos só aos conviventes. Edar Bens publicará cada semana os datos da presenza da Covid-19 nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana.
O 21 de xan de 2021
A alcaldesa acudiu hoxe ao Quiosco Alfonso para visitar a mostra “Paisaxes interiores/exteriores” composta por obras de artistas locais e que remata este domingo para continuar con outra do ciclo “A nosa arte en corentena”, tamén centrada na arte coruñesa, que será a aposta do Goberno local nas salas de exposicións
O 20 de xan de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse hoxe coas persoas responsables das sete salas de concertos da Coruña para faceren balance do ciclo, que cualificou como “un éxito que avala que sigamos camiñando xuntos”
O 15 de xan de 2021
A alcaldesa: “Se algo aprendemos desta batalla é que a saúde e a sanidade pública teñen que ser unha prioridade” Presidiu no salón de plenos a entrega de medalla de ouro da batalla de Elviña que outorga cada ano a Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible