21 de xaneiro de 2021
As clases, que se impartirán desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio, “son totalmente gratuítas e para toda a cidadanía, para salvagardar a seguridade das e dos veciños. Agardaremos a evolución da situación epidemiolóxica antes de decidir se abrimos unha modalidade presencial”, sinalou a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira
O Concello, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, oferta unha nova convocatoria de actividades socioculturais dos centros cívicos municipais a disposición da veciñanza. As materias impartiranse exclusivamente en liña, como medida preventiva de contaxios da Covid-19, desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio.
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que "polo de agora só podemos abrir a modalidade en liña destas actividades, que son totalmente gratuítas e para toda a cidadanía, para salvagardar a seguridade das e dos veciños. Agardaremos a evolución da situación epidemiolóxica antes de decidir se abrimos unha modalidade presencial".
A través da canle de YouTube "Coruña Acompaña" (http://bit.ly/2M4TZDX) ofreceranse 18 actividades socioculturais de luns a venres en formato vídeo para que a cidadanía poida seguir desfrutando deste programa desde os seus fogares sen poñer en risco a súa saúde. As actividades subidas nesta canle serán da seguinte tipoloxía:
- Actividade física: de cara a combater o sedentarismo, ofrécense actividades como pilates, ioga, taichí moderno, ximnasia funcional, corpo en forma e control do movemento.
- Actividades de expresión corporal: swing, danza do ventre para facer exercicio ao ritmo da música.
- Novas tecnoloxías: programación creativa, un taller destinado a programar e coñecer os recursos que as novas tecnoloxías nos brindan.
- Actividades de expresión plástica: debuxo manga ou diver-manualidades, para experimentar diferentes técnicas e materiais.
- Estimulación cognitiva: potencia a túa mente, unha proposta de traballo en liña con vídeos de exercicios e materiais didácticos descargables para exercitar a mente e a memoria.
- Idiomas: inglés lúdico, inglés para principiantes ou Lingua de Signos Española (LSE) para aprender novas competencias comunicativas e gramaticais.
- Habilidades domésticas: cociña en familia, cociña temática: tuppers saudables, repostería para aprender novas receitas sen moverte da casa.
Actualmente, esta canle de YouTube conta con 143.500 visualizacións e 1.318 subscritores.
Igualdade, Benestar social e Participación
18 resultados
O 23 de abr de 2021
Listaxe definitiva de persoas solicitantes ás que se lle concede e denega a subvención de axuda de bono-taxi exercicio 2021
O 16 de abr de 2021
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, visitou esta mañá a oficina do Centro Ágora que se suma á do Centro Cívico da Cidade Vella, que está previsto que se traslade ás naves do Metrosideiro cando comecen a funcionar
O 14 de abr de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o obxectivo destas liñas de axudas é “a implicación de todas as entidades que traballan día a día para construír unha Coruña máis solidaria e inclusiva”
O 5 de abr de 2021
Cunha partida inicial de 2.050.000 millóns de euros, a cifra máis alta da historia destas axudas, o Goberno de Inés Rey pretende darlles cobertura ás familias máis vulnerables, polo que obterán a máxima puntuación aquelas beneficiarias de subsidios por desemprego, Ingreso Mínimo Vital, RISGA e Renda Social Municipal
O 30 de mar de 2021
A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, sinalou que a aplicación permitirá a recreación destas mulleres en tamaño real grazas á tecnoloxía da realidade aumentada para contaren a súa vida nun lugar da cidade, en que deixaron fondas pegadas
O 25 de mar de 2021
Esta mañá o voceiro do Goberno local participou na presentación do Festival Elas son artistas no Teatro Colón, un ciclo pola igualdade nas artes e na música que se desenvolverá do 16 de abril até o 31 de decembro en 15 sedes diferentes da área metropolitana
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible