Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xullo de 2020

Benestar Social pon en marcha o programa “Lecer saudable” dirixido á mocidade

A programación está adaptada ás medidas de seguridade sanitarias recomendadas para evitar a propagación da COVID-19.

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do servizo de Acción Social, pon en marcha o programa  "Lecer saudable" dirixido á mocidade de 12 a 30 anos, que ten como obxectivo o fomento de actividades relacionadas coa mellora dos hábitos saudables e o lecer construtivo. Este programa está cofinanciado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. As actividades levaranse a cabo no mes de agosto, son gratuítas e terán prazas limitadas.

Nesta edición, a oferta comprende actividades de participación presencial, a maioría ao aire libre, e outras de modalidade "en liña". Ofertaranse actividades como "Surf experience", en que durante catro días as e os participantes se iniciarán no surf e no perfeccionamento da súa práctica; "Roteiro ambiental polo río Mandeo" cun percorrido guiado por plantacións en que se traballa na renovación do campo recuperando técnicas de agricultura tradicionais e ecolóxicas; "Roteiro de sendeirismo pola zona do estuario do río Anllóns (Ponteceso)" pasando polos castros da zona;  "Xornada  multiaventura de Rafting polo río Ulla" , e "Multideporte  experience" en que durante catro días se practicarán deportes nauticos e de praia como pádel surf  XXL, kaiak, voleibol praia... Todas estas actividades contemplan o transporte gratuíto ao lugar onde se desenvolverá a actividade.

Na modalidade presencial tamén se incluirán actividades como "Iniciación ao debuxo manga" e "Iniciación a youtuber" que terán lugar no Centro Cívico dos Rosales.

Na modalidade "en liña" realizaranse actividades de "Creación de curtametraxes con móbil", "Creación e mantemento de blogues e páxinas web", "Obradoiro de novos escritores", "Obradoiro de rap", "Cocíñao: taller de pizzas" e "Cociña temática: taller de " tuppers" saudables", entre outras.

A programación de todas as accións está adaptada ás medidas de seguridade sanitarias recomendadas para a prevención da propagación da COVID-19. As persoas participantes nas actividades presenciais terán que usar máscara de forma obrigatoria e deberán aceptar as condicións de participación no programa, que se poñerán no seu coñecemento antes do inicio de cada actividade.

A inscrición para estas actividades será "en liña", a través da páxina web de servizos sociais do Concello da Coruña, https://www.coruna.gal/serviciossociales. Dentro da noticia de "Lecer saudable para mozos", atoparase unha ligazón coas indicacións para a inscrición e un arquivo con información das actividades, das idades ás que van dirixidas, as datas de realización e os horarios.

A inscrición poderase facer das 08:00 horas do día 28 de xullo ás 24:00 horas do 30 de xullo, logo de cubrir os formularios indicados na ligazón de inscrición. As prazas cubriranse por orde de inscrición. A realización de actividades estará condicionada á existencia dun número mínimo de rexistradas/os que poderá variar segundo as características de cada unha das accións.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión