Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2021

Comercios de Labañou, Os Rosales e Riazor participarán na nova edición do programa municipal Tendas a Exame

A iniciativa ten como obxectivo axudar a mellorar o pequeno comercio da cidade a través dun sistema gratuíto de consultoría especializada que se desenvolve no propio punto de venda A concelleira Diana Cabanas sinalou que “a primeira edición deste programa rematou recentemente na zona de Catro Camiños e da Gaiteira” e lembrou que “xa se levou a cabo noutros barrios como Monte Alto, O Orzán, Os Mallos e As Conchiñas e tivo moi boa resposta por parte dos comercios”

O Concello, a través da Concellaría de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, comeza unha nova edición do programa Tendas a Exame nos barrios de Labañou, Os Rosales e Riazor. A iniciativa ten como obxectivo axudar a mellorar o pequeno comercio da cidade a través dun sistema gratuíto de consultoría especializada que se realiza no propio punto de venda.

A concelleira Diana Cabanas sinalou que "a primeira edición deste programa rematou recentemente na zona de Catro Camiños e da Gaiteira" e lembrou que "xa se levou a cabo noutros barrios como Monte Alto, O Orzán, Os Mallos e As Conchiñas e tivo moi boa resposta por parte dos comercios". "O obxectivo do Goberno de Inés Rey é chegar, nas súas sucesivas edicións, a todas as zonas da cidade", apuntou Cabanas.

Os 30 comercios participantes recibirán asesoramento sobre loxística, xestión, atención á clientela etc., en función das necesidades que se detecten nunha primeira visita de diagnóstico. Trátase dunha oportunidade para dispor, durante varios días, dunha consultora ou consultor especializada/o no propio punto de venda. Co seu asesoramento, e con cambios puntuais que poden realizar as persoas propietarias dos establecementos, "moitos comercios xa observan unha melloría a curto prazo", asegura a edila.

Desde a concellería, sinalan que na actualidade están a visitarse os comercios destes barrios e lembran que aqueles que desexen participar poden contactar a través do enderezo electrónico tendasaexame2021@gmail.com.

Unha vez comprobado que os comercios inscritos cumpren os requisitos, realizarase unha selección para lles dar prioridade a aqueles en que se detecte unha maior marxe de mellora e realizar así unha distribución uniforme na zona abarcada.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión