4 de febreiro de 2021
José Manuel Lage anunciou tamén a nova instrución que permitirá descontar do recibo do lixo os días de peche de actividade decretados pola Xunta
O Goberno municipal de Inés Rey acaba de aprobar en Pleno unha nova batería de medidas de apoio á hostalaría e ao comercio para lle facer fronte aos efectos da pandemia. Así, e segundo o acordado en decembro coas forzas progresistas da Corporación, o Concello da Coruña reducirá nun 50% a taxa da auga e de sumidoiros, tanto na súa parte fixa como na variable, a todos os establecementos afectados polos peches e limitacións decretados pola Xunta.
A rebaixa do recibo establécese mediante unha disposición adicional das respectivas ordenanzas, disposición vinculada á crise da Covid e que será de aplicación mentres duren os efectos da pandemia. A baixada no prezo da auga e dos sumidoiros será de aplicación cando a modificación da ordenanza entre en vigor, é dicir, reflectirase desde o segundo trimestre deste ano e manterase ata o 31 de decembro deste ano.
Así mesmo, o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, anunciou tamén a nova instrución, aprobada esta mesma semana, que recolle medidas fiscais para restar no recibo do lixo os días de peche de actividade.
No caso deste último recibo, que se xira en setembro, eses días calcularanse en función dos decretos da Xunta e descontaranse de oficio. Para obter os descontos en auga e saneamento as persoas afectadas tampouco terán que solicitalos. Os requisitos para acceder a eles son:
- Que o suxeito pasivo teña a consideración de autónomo, micropeme ou peme conforme á normativa vixente.
- Que o suxeito pasivo sexa titular do contrato de subministración de auga con EMALCSA.
- Que a actividade desenvolvida polo suxeito pasivo sexa afectada polas restricións adoptadas pola autoridade competente como consecuencia do desenvolvemento da COVID-19.
Lage Tuñas destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey, desde o primeiro minuto, coa busca de axudas e de medidas paliativas que contribúan a lles aliviar a carga das restricións ás persoas máis afectadas por elas. Así este ano, do mesmo xeito que no pasado exercicio, tampouco se pagará pola taxa de terrazas e tamén se modificará o calendario fiscal ampliando os prazos para o pago dos principais tributos. "A factura da covid-19 supera neste Concello os 16 millóns de euros e é a Administración que foi máis aló das súas competencias, máis porcentaxe dos seus orzamentos dedicou a enfrontar as consecuencias da pandemia", indicou o portavoz do Goberno municipal.
O concelleiro esixiu tamén unha maior implicación da Xunta e insistiu en que os peches de actividade teñen que vir acompañados, sen demoras, por achegas económicas que permitan a supervivencia das persoas afectadas e das súas empresas. "A rebaixa nos pregos de auga e do lixo axuda, claro que axuda, mais non pode ser esa a solución aos problemas, ten que dala a Xunta mediante as necesarias prestacións", pediu o concelleiro.
A rebaixa das taxas, acordada con BNG e Marea Atlántica en decembro, aprobouse finalmente por unanimidade.
Deportes
24 resultados
O 7 de abr de 2021
O programa consiste nunha serie de entrevistas a deportistas olímpicos/as coruñeses/as para darlle a coñecer a experiencia deportiva, pero sobre todo a persoal, ao alumnado de varios centros educativos da cidade
O 7 de abr de 2021
Tras a reapertura do prazo para a inscrición nas andainas nas que quedaban prazas libres, publícase a listaxe coa inclusión das novas persoas admitidas e en lista de espera. Lembramos que ten prioridade o alumnado das Escolas Deportivas Municipais para participar nas andainas.
O 6 de abr de 2021
A alcaldesa declarou constituído formalmente o primeiro Consello Municipal do Deporte da historia cidade ao que asistiron 120 persoas representantes de 93 entidades deportivas, 12 institucións e 7 entidades sociais, “que desde hoxe intervirán na práctica deportiva da Coruña”
O 5 de abr de 2021
O Pazo dos Deportes de Riazor acollerá este martes a sesión constitutiva do Consello Municipal do Deporte da Cidade da Coruña, un órgano consultivo e de participación do mundo do deporte herculino que establecerá as súas bases de aquí en diante
O 29 de mar de 2021
Para presentar solicitudes para a inclusión de eventos no calendario oficial 2021, amplíase o prazo nun mes máis: ata o 30/04/2021.
O 24 de mar de 2021
O Goberno local e Autoridade Portuaria acordaron levar boa parte do percorrido da carreira polos terreos portuarios; “un paso máis no proceso de integración dos peiraos á vida da cidade”, apuntou a alcaldesa, Inés Rey, que celebra que a cidadanía poida volver a desfrutar do porto.
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible