28 de febreiro de 2021
O voceiro municipal recordou que o anterior PRESCO foi o primeiro plan destas características aprobado en Galicia, do que se beneficiaron 4.351 persoas autónomas e micropemes
O voceiro do Goberno local, José Manuel Lage Tuñas, apelou hoxe a recuperar o consenso coas demais forzas políticas para aprobar un novo Plan de reactivación social e económica que atenda os sectores máis castigados pola pandemia. O concelleiro recordou que o anterior plan foi o primeiro destas características que se puxo en marcha en Galicia, "froito do traballo do Goberno local cos grupos da oposición", polo que realizou unha chamada á oposición para que volva á senda do diálogo seguindo o exemplo que promulga Inés Rey. Neste punto, entende que haxa unha parte de crítica, pero cómpre que se estableza outra parte de acordo que permita a aprobación dun novo grupo de medidas. Lage sinalou que estas chegarán a bo porto "se conseguimos un consenso" e apuntou que o plan se rematará cando todos os grupos o saquemos adiante como o fixemos antes.
O voceiro engadiu que o Goberno de Inés Rey está asumindo competencias desde o principio da crise sanitaria que non son máis que da Xunta de Galicia e que a día de hoxe, 4351 persoas autónomas e micropemes recibiron subvencións municipais grazas ao PRESCO: "Estamos falando de persoas que obtiveron axudas directas, algunhas delas de 15000 euros". Ademais, este ano incrementaronse en 649.000 euros as partidas destinadas a entidades sociais da cidade.
Por outra parte, o voceiro municipal afirmou que moitas das iniciativas levadas a cabo polo Goberno local para facer fronte ás consecuencias da pandemia serviron de modelo para outras administracións e, en concreto, fixo mención ao plan de bonos para o comercio que acaba de anunciar a Xunta de Galicia, "oito meses despois de que o Concello presentara esta fórmula co obxecto de incentivar o consumo entre a nosa veciñanza e apoiar a hostalaría e o pequeno comercio da cidade".
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible