Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de abril de 2020

Medio Ambiente mostra a súa satisfacción pola aprobación do Plan de Conservación do ENIL das Illas de San Pedro

A concellería acolleu con sorpresa a nova da Xunta polas datas e todos os requirimentos esixidos desde hai dous anos e lamenta a falta de comunicación entre ambas as administracións cando a autoría do proxecto corresponde en exclusiva ao persoal técnico do departamento municipal

A Concellería de Medio Ambiente recibiu con satisfacción, e tamén con certo asombro, a aprobación do Plan de Conservación do ENIL (Espazo Natural de Interese Local) das Illas de San Pedro, logo de que desde abril de 2018 en que o concello presentou o proxecto á Xunta para tal fin, o seu persoal técnico tivo que responder a todo tipo de requirimentos da Consellería de Medio Ambiente. Por iso, a nova foi acollida con sorpresa por parte do departamento, máis aínda tendo en conta nas datas e nas circunstancias en que se produce. A isto hai que sumarlle unha certa sensación de desagrado pola falta de comunicación do Goberno autonómico de dita aprobación cando a autoría do Plan corresponde en exclusiva ás/aos técnicas/os da Concellería.

En todo caso, desde Medio Ambiente celebran a súa posta en marcha xa que lles permitirá contar cun instrumento que define os usos que se poderán facer destas illas e que consolidará o rico hábitat da zona. Ademais, evitará a instrospección nela de persoas que non teñan fins científicos sobre a contorna ou permiso legal para a súa explotación pesqueira e marisqueira. Neste último aspecto, ao finalizar este período de confinamento a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, ten previsto celebrar unha reunión coa Confraría de Pescadores e Mariscadores da Coruña para lles informar dos detalles do Plan e para estudar posibles vías de colaboración.

Nos próximos días, a Concellería de Medio Ambiente publicará na súa páxina web os contidos do informe para que as persoas que teñan interese sobre esta zona protexida poidan consultalo.

Innovación, Industria, Emprego e Consumo

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión