Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xaneiro de 2020

Medio Ambiente organizará 420 actividades para concienciar sobre a loita contra o cambio climático e o respecto á contorna

A concelleira Esther Fontán presentou esta mañá a programación do Día Mundial da Educación Ambiental, en que a súa concellería se dirixe aos centros educativos e ao público xeral con visitas guiadas polas zonas verdes, rutas polo literal, limpeza de praias, cursos e obradoiros

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, presentou esta mañá o programa de educación ambiental coincidindo co Día Mundial, que se conmemora este domingo e que incide nesa labor de concienciación e sensibilización que se pretende desde a concellería para ser punta de lanza do debate e iniciativas na loita contra o cambio climático: "Queremos introducir máis alternativas de participación e de divulgación". Serán en total 420 actividades e 1.500 horas de monitorado dirixidas a toda a cidadanía con diferentes contidos. A edila explicou que unha parte está pensada para os centros educativos con visitas guiadas; outra terá como escenario as praias; e outra constituirana eventos complementarios "para que as persoas coñezan e comprendan cal é o noso papel na conservación ambiental e para facilitar o cambio de actitudes de cara a conseguir un maior compromiso mais, sobre todo, para que se acheguen ás peculiaridades do noso medio, desde o sistema de abastecemento de augas ao tratamento de residuos pasando polo noso rico ecosistema mariño, a flora e fauna propia do noso contorno, a calidade do aire...".

Para iso, Medio Ambiente desenvolverá distintos bloques con oito programas para os colexios: ciclo da auga, cambio climático, enerxía, economía circular, residuos e consumo, calidade ambiental, espazos verdes e diversidade biolóxica, xunto aos novos apartados de mobilidade e benestar animal. As visitas guiadas organizaranse desde o 7 de febreiro para persoas de todas as idades en lugares emblemáticos como o monte e as illas de San Pedro, a Torre de Hércules e Punta Herminia, as hortas, a lagoa de Eirís, os puntos de observación de aves, o centro de acollida de animais e o encoro de Cecebre e mais as novidades deste ano de Méndez Núñez e Santa Margarida, "co fin de que a cidadanía saiba da riqueza que temos alí". A única condición é que se dea xuntado un grupo de cinco persoas como mínimo para realizalas.

Canto aos areais, as citas de concienciación daranse en Riazor-Orzán con rutas para que as pequenas e os pequenos coñezan o litoral e unha campaña de sensibilización e limpeza da praia de Bens, que é a novidade deste ano. As actividades terán lugar no período de vacacións, do 1 de xullo ao 31 agosto, e completaranse cunha oferta de cursos, obradoiros e eventos ambientais cos que celebrarmos efemérides como o Día da Árbore ou o dos Océanos: "Este ano apostaremos pola Semana do Medio Ambiente en xuño e teremos presenza nas actividades culturais e deportivas, onde trataremos de sensibilizar a cidadanía sobre que todo é posible con respecto e unha interactuación co medio". A información do programa difundirase a través das seis publicacións dixitais que están na web e nas redes sociais, "intentaremos manter un nivel informativo que sexa facilmente entendible pola veciñanza, co fin de espertarlle un interese por consultar a nosa páxina e por asistir ás actividades que, por outra parte, iremos incrementando".

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión