Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2020

Novas iniciativas de agricultura urbana na Coruña

Novas iniciativas de agricultura urbana na Coruña

Unha das consecuencias foi a aparición de novas iniciativas, concretamente no que respecta aos hortos urbanos. Neste sentido, púxose en contacto co proxecto Ru:rban unha iniciativa que pretende crear un horto comunitario que destine o 80% da súa produción a asistencia social, na que participan 15 persoas, entre elas alumnado da Escola de Capacitación Agraria. O proxecto concíbese como autoxestionado polo que están a buscar terreos particulares cuxas persoas propietarias estean dispostas a cedelos. Na Coruña xa temos unha experiencia anterior deste tipo, os Hortos de Val de Feáns, integrados no ULG-RU:RBAN, que contan xa cunha experiencia de máis de 10 anos funcionando que compartirán con esta iniciativa.

Outra iniciativa pretende incorporar a idea que xa funciona nos hortos urbanos de Crakovia (Polonia) para as/os máis pequenas/os. A intención é incorporar ao espazo común do horto unha parcela para crear unha zona con bancos, mesas e un pequeno horto para os nenos e nenas que acompañan as súas familias. Desta maneira as/os pequenos terán o seu espazo propio, que poderán xestionar, incorporándose á vida da comunidade do horto.

Pé de foto: recollendo cenorias nos hortos urbanos do Parque de Eirís

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión