Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

18 de decembro de 2020

A Cabalgata de Reis percorrerá todos os barrios da cidade durante todo día

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que haberá 3 itinerarios para chegar a todas as nenas e os nenos da Coruña e asegurou que “este ano non fará falta saír do barrio, e en moitos casos nin sequera saír da casa, para desfrutar da visita dos Reis Magos”

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que a Cabalgata de Reis deste ano percorrerá todos os barrios da cidade durante todo o día: "Comezaremos o día 5 pola mañá e terá lugar até a última hora da tarde, xa entrada a noitiña; así teremos máis tempo para evitarmos aglomeracións".

Inés Rey explicou que "as carrozas máxicas" que visitarán toda a cidade e serán de grande altura e sen teito, co obxectivo de que as rapazas e os rapaces da Coruña poidan gozar da visita dos Reis Magos desde as ventás dos seus fogares, "esas ventás desde as que tanto nos asomabamos durante o confinamento e desde as que nos debemos volver asomar para vermos os Reis". A rexedora asegurou que "este ano non fará falta saír do barrio, e en moitos casos nin sequera saír da casa, para desfrutar da cabalgata" e, como medida de prevención de contaxios da Covid-19, non se repartirán caramelos.

A Cabalgata dos Reis Magos realizará tres percorridos:

Percorrido n.º1: Cidade Vella - Os Cantóns - A Mariña - Monte Alto - Orillamar - Zalaeta - Matadoiro - Durmideiras - Orzán - Riazor - Falperra - Juan Flórez - Ensanche.

Percorrido n.º2: Estación de tren - Vioño - Os Mallos - Sagrada Familia - Rolda de Outeiro - Ventorrillo - Labañou - As Conchiñas - Agra do Orzán - Peruleiro - San Pedro de Visma - Os Rosales.

Percorrido n.º3: Catro Camiños - A Gaiteira - Os Castros - Castrillón - Eirís - Monelos - Barrio das Flores - Oza - Matogrande - Xuxán - Palavea - A Zapateira - Pedralonga - As Xubias - Elviña - Mesoiro - Novo Mesoiro - Someso - Birloque - Feáns.

                                                                                           

Nos vindeiros días, colgaranse na páxina web municipal os itinerarios máis específicos para cada barrio da cidade. Ademais, apuntou Rey, "desde o concello iremos informando dos itinerarios en tempo real" para que a veciñanza poida coñecelos en todo momento, xa que "as carrozas son máxicas pero respectarán a velocidade de Coruña 30".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión