5 de outubro de 2022
A proba, que terá lugar no polideportivo dos Rosales, contará con destacados e destacadas deportistas nacionais e internacionais
O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, colabora este sábado o Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia. Esta nova proba presentouse esta mañá pola edil de Deportes, Mónica Martínez, e o organizador, Ferenc Szabó.
O campionato comezará no polideportivo municipal dos Rosales a partir das 08.30 horas deste sábado. Pola mañá disputarase a Copa Promesas, a partir das 9.30 horas. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, será o campionato internacional. Participarán deportistas de sete cidades diferentes: A Coruña (con dous equipos), Vigo, Ourense, Bilbao, Salamanca, Lisboa e Frankfurt. En total, participarán na proba 32 deportistas, catro por equipo.
Entre os deportistas e as deportistas máis destacadas desta competición están a coruñesa Irene Blanco, campioa do mundo sub17 no ano 2019; Marta García (Salamanca), subcampioa do mundo e campioa de Europa júnior; Laura García (Salamanca), medallista no campionato de Europa júnior; Bruno Soto (Bilbao), campión de España júnior; Amy Abelleira (Vigo), campioa de España sub17; Carla Cid (Ourense), subcampioa de España sub17; Dariana Arancibia (A Coruña), campioa de España júnior; Jennifer Tocuyo (A Coruña), subcampioa de España júnior; Alejandro Méndez (A Coruña), subcampión de España júnior; Eduarda Souza (Lisboa), primeira no ránking mundial sub17 no 2021; e Laura Viol e Arian Urban (Frankfurt), campións de Alemaña sub17.
O Concello, a través da Concellaría de Deportes, tivo a iniciativa de darlle o nome de Ferenc Szabó a este torneo. Szabó é un dos grandes valores do deporte coruñés. Desde a súa chegada á nosa cidade hai 31 anos foi quen de incentivar a centos de rapaces e rapazas para que se aproximasen á práctica da halterofilia. Grazas ao seu labor, na Coruña hai campións de España, de Europa e do mundo de todas as categorías.
Horarios
8.30 horas. Pesaxe da Copa Promesas masculina
9.30 horas. Copa Promesas masculina
10.00 horas. Pesaxe da Copa Promesas feminina
11.45 horas. Copa Promesas feminina
Entrega de trofeos ao finalizar a competición
13.00 horas. Pesaxe dos participantes españois no campionato internacional
16.00 horas. Presentación do campionato internacional
16.15 horas. Campionato internacional. Tanda masculina
18.15 horas. Campionato internacional. Tanda masculina
Entrega de trofeos ao remate da competición
16 de abril de 2024
7 de abril de 2024
5 de marzo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible