4 de xuño de 2022
Durante a xornada, que terá lugar de 11.00 a 14.00 horas, o público asistente poderá gozar con xogos, sorteos, concursos e degustacións gastronómicas
Este domingo, 5 de xuño, e co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello da Coruña ofrecerá unha ampla programación de actividades no Mercado Ecolóxico que estará situado no Campo da Leña, no barrio de Monte Alto, de 11.00 a 14.00 horas.
O Mercado Ecolóxico, unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, abrangue múltiples actividades orientadas, especialmente, ás pequenas e pequenos, pero abertas a todo tipo de públicos, co obxectivo primordial de concienciar as novas xeracións sobre a importancia de promover a economía circular e interiorizar os principais conceptos de sustentabilidade.
Os horarios das actividades que terán lugar durante a xornada son os seguintes:
Ademais, o público asistente poderá gozar ao longo da mañá con xogos xigantes, sorteos e concursos, degustacións gastronómicas e música ambiente entre as diversas sesións de actividades previstas. Tamén se disporá dunha furgoneta camper reciclada na propia praza, a modo de photocall que dará a coñecer o proxecto 'Road trip sustentable en furgo'.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible