Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

25 de xaneiro de 2020

A Coruña e As Mariñas acordan potenciar a oferta turística da cidade e da súa comarca

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso, asinaron un convenio para aproveitaren as sinerxias

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente da Reserva, José Antonio Santiso, asinaron o convenio de colaboración no marco da Feria Internacional de Turismo (FITUR), para aproveitaren as sinerxias e xeraren unha oferta máis atractiva para as persoas visitantes. O acordo enmárcase, por un lado, no Plan Estratéxico de Turismo do Concello da Coruña, que fixa como un dos seus compromisos a sustentabilidade e a colaboración da cidade coa súa área, e o acordo acadado entre a Reserva e a Xunta a mediados do ano pasado polo que As Mariñas Coruñesas asumiu a xestión do xeodestino.

O acordo alcanzado permitirá, entre outras cosas, difundir a Ruta Cultural Europea do Impresionismo, dedicada ao pintor Francisco Lloréns, que compartiu a súa arte paisaxística na comarca e na súa cidade. A obtención da denominación logrouse en 2018 por As Mariñas. Neste aspecto, concello e Reserva traballarán tamén na potenciación dunha das rutas culturais con maior proxección, o Camiño Inglés a Compostela, cun rexistro crecente de peregrinos na última década. Outro dos marcos de actuación será a creación de sinerxias entre a Reserva e os museos coruñeses. Por un lado co museo MEGA, que potenciará a marca das Mariñas a nivel internacional, ao ser a agua do encoro de Abegondo-Cecebre un punto fundamental. E por outro, cos propios museos científicos da Coruña.

Ademais, buscarase así mesmo a desestacionalización do turismo aproveitando o potencial da ornitoloxía da comarca. Finalmente, o turismo gastronómico será outro dos obxectivos coa posta en marcha da marca de calidade dos produtos das Mariñas por parte da Reserva que permitirá ofrecer ás persoas visitantes experiencias gastronómicas de calidade. Así, prevese aumentar a colaboración cos mercados municipais e fomentar con accións o consumo de produtos de proximidade e de tempada.

A alcaldesa da Coruña e o presidente da Reserva coincidiron na necesidade e  a oportunidade de "aproveitaren os recursos da cidade e a Reserva" para xeraren sinerxias en materia turística que "incrementen a oferta" xa de por sí atractiva e variada, especialmente cun "enfoque natural e medioambiental".

Ao acto tamén asistiron a concelleira de Turismo da Coruña, Diana Cabanas, e o de Educación, Jesús Celemín, así como o vicepresidente das Mariñas Coruñesas, César Longo, e o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión