Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2020

A Coruña reivindica na Red de Ciudades Inteligentes que se empregue o Fondo Europeo de Reconstrución para a transformación dixital das cidades españolas

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, participou en Madrid na reunión da directiva da entidade

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, participou hoxe en Madrid na reunión da directiva da Red Española de Ciudades Inteligentes (RECI), un organismo de ámbito estatal xurdido no ano 2011 e que agrupa hoxe a 83 cidades de máis de 50.000 habitantes e 34 urbes españolas por debaixo desa cifra de poboación.

Nese foro, celebrado por vez primeira tralo impacto da pandemia, Lage Tuñas destacou o papel dos concellos para facer fronte ás consecuencias do Covid-19 e reivindicou, no nome do Goberno municipal de Inés Rey, a posibilidade de empregar por parte dos consistorios o Fondo Europeo de Reconstrución para facilitar a transformación dixital das cidades españolas.

"La crisis derivada de la pandemia por la covid-19 ha evidenciado los déficits  tecnológicos que tenemos las Administraciones, pero también supone una oportunidad para afrontar la revolución digital pendiente y transformar los servicios y la comunicación con los ciudadanos", indicou Lage Tuñas na directiva da RECI.

"Nuestro objetivo es acelerar la transformación digital de los servicios públicos, innovar haciendo más fácil la vida a los ciudadanos potenciando la economía del conocimiento. Es el momento de cambiar las ciudades aprovechando la crisis, convertir este momento en una oportunidad única para apostar por la economía del conocimiento", explicou o edil de Economía e Facenda e portavoz do Goberno municipal.

Nese sentido, José Manuel Lage defendeu o importante traballo que está a facer a entidade pública Red.es dependente do Ministerio de Economía que dirixe Nadia Calviño.

As acción da RECI organízanse a través de tres grandes grupos de traballo:

1.  Goberno, Innovación Social e Economía Intelixente

2.  Calidade verde: sostibilidade e infraestruturas

3.  Dixitalización e intelixencia artificial

A Coruña será a encargada de coordinar -xunto co Ayuntamiento de Logroño- o primeiro dos tres grupos, no que figuran tamén como coordinadores temáticos Palma de Mallorca e Benidorm.

Entre os obxectivos promovidos por dito grupo figuran o de promover a xestión eficiente nas cidades, a innovación vinculada ás novas ferramentas tecnolóxicas e o impulso á implantación de plans estratéxicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión