Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

1 de xullo de 2020

A Coruña súmase á iniciativa Slowlight, para unha iluminación pública sustentable

A Corporación aprobará mañá no pleno a declaración de adhesión da cidade ao manifesto para contribuír á creación e consolidación dunha nova cultura de iluminación calmada, responsable e de calidade

O Pleno aprobará mañá a declaración adhesión da cidade ao manifesto Slowlight co fin de promover unha iluminación pública sustentable. A Coruña é de esta maneira a primeira cidade en facer público o seu compromiso coa iluminación sustentable e tamén a primeira en participar na Rede de Cidades Slowlight de próxima creación.  

A iniciativa Slowlight está aliñada coa Declaración da Palma do ano 2007 en defensa do dereito das persoas á contemplación dun ceo escuro non contaminado, que permita a observación do firmamento. Do mesmo xeito, alíñase coa Declaración Institucional do Parlamento de Galicia do 29 de setembro de 2015 sobre a defensa do ceo escuro e o dereito a ver as estrelas na que se asume integramente a Declaración da Palma.

O obxectivo desta iniciativa é  impulsar unha maior implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de iluminación pública sostible propiciando unha nova cultura de iluminación pública pensada para a cidadanía. Tratase de dar un paso máis no cumprimento dos obxectivos da axenda urbana 2030, favorecendo a transición enerxética cara a unha descarbonización da economía e un uso responsable dos recursos.

Consciente de que a cidade é un territorio altamente contaminado desde o  punto de vista luminoso, non só por ter un alumeado público envellecido, senón tamén pola contaminación que producen outras instalacións públicas e privadas, o Goberno local cree que é momento de contribuír á consolidación dunha nova cultura de iluminación calmada, responsable, sustentable.

Para o Goberno local, trátase dunha cuestión que terá importantes repercusións na veciñanza e na cidade, xa que a iluminación calmada e sustentable supón un menor consumo enerxético, aforro de custos e unha menor pegada de carbono, e proporciona a posibilidade de ofrecer unha contorna urbana máis confortable e máis saudable para a cidadanía.

O concello asume os seguintes compromisos:

1.A adhesión da cidade da Coruña ao Manifesto Slowlight e a súa iniciativa, como mostra do compromiso coa iluminación sustentable e de calidade, coa recuperación da noite e do ceo estrelado na nosa contorna urbana sen menoscabo da seguridade e confort para a actividade humana.

2.A cidade traballará para ofrecer unha iluminación xusta, só onde e cando se necesite, co tipo e intensidade de luz adecuados para cada momento, dun modo responsable e respectuoso coa noite e o medio ambiente; avanzando tamén no deseño da paisaxe nocturna da cidade e na planificación e xestión da rede de iluminación.

3.Entendendo que a contaminación luminosa non ten fronteiras, a cidade da Coruña traballando coa Asociación Slowlight promoverá a divulgación da iniciativa Slowlight a outros municipios próximos para favorecer a iluminación sustentable dentro da extensión territorial da súa zona de influencia, co obxecto de contribuír á loita da contaminación luminosa xerada por ela e polos outros concellos limítrofes da área metropolitana da cidade, e favorecendo a creación dunha mesa de traballo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión