Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

15 de maio de 2020

A Estación de Autobuses reabre ao público este luns

Os cemiterios municipais recuperan o seu horario habitual, das 9.00 ás 18.00 h; a Área de Mobilidade reinicia o servizo de atención ás persoas usuarias da Tarxeta Millennium; e as oficinas municipais de atención presencial retoman a actividade con cita previa a través da web

A Estación de Autobuses reabre este luns para volverlles dar servizo ás viaxeiras e viaxeiros no seu horario habitual e cun percorrido de seguridade para o tránsito das persoas dentro da terminal. Cómpre recordar que as compañías de autobuses continúan con horarios reducidos nos seus servizos.

As persoas usuarias da Tarxeta Millenium que a teñan deteriorada ou ás que non lles funcione poden pedir cita previa a partir do luns no teléfono 673 308 634, para entregaren a tarxeta antiga na Estación de Autobuses e fixaren unha data para recolleren a nova. O resto das xestións relacionadas coa Tarxeta Millenium (solicitude, renovación, cambio de perfil...) deberán realizalas a través do Rexistro municipal e enviaránselles as tarxetas ao domicilio.

Pola súa banda, os cemiterios municipais recuperan o seu horario habitual para visitas: todos os días da semana, das 9.00 ás 18.00 h.

Canto ás oficinas de atención presencial do concello, reabrirán ao público con boa parte do persoal, que volverá prestarlle servizo á veciñanza nas dependencias municipais. Non se incorporarán os colectivos considerados vulnerables (con patoloxías previas, mulleres embarazas ou persoas maiores de 60 anos), que seguirán teletraballando, nin se cubrirán todos os postos de atención ao público, para garantir así unha distancia mínima de seguridade entre as traballadoras e traballadores municipais. Todos eles contarán con equipos de protección individual compostos por luvas, máscara e pantalla, ademais de hidroxel, en cada punto de atención.

As dependencias municipais adaptáronse nos últimos días para preparar eses espazos á chegada da cidadanía, co fin de garantir tanto a súa seguridade coma a das traballadoras e traballadores. Así, nas instalacións que reabren ao público dispuxéronse pranchas para separar os espazos e tamén sinais no chan para facilitar que se manteña a distancia de seguridade. Nas dependencias de María Pita e da rúa da Franxa haberá, ademais, entrada e saída separadas para evitar cruzamentos, cos itinerarios marcados tamén no chan.

Tanto na Franxa como en María Pita e Urbanismo, as persoas usuarias que se acheguen realizar xestións deberán agardar a súa vez fóra. Haberá persoal municipal para ordenar o acceso. No Fórum en en Ágora, con espazos máis amplos, a espera poderase facer no interior.

Desde o luns, ademais, a cidadanía poderá comezar a pedir cita para ser atendida nos servizos municipais. As citas solicitaranse desde a páxina web do concello. Nos distintos rexistros municipais da cidade, as e os usuarios poderán, ademais, xestionar a súa cita de xeito telemático, coa opción de seleccionala entre os distintos tramos horarios dispoñibles e tamén coa posibilidade de modificar ou anular as citas accedendo ao portal.

Ademais, instalaranse progresivamente en todos os puntos de atención persoal pantallas dixitais amosando as quendas e mesmo un sistema de códigos QR que lles permita ás e aos cidadáns coñeceren a través do seu móbil o tempo de espera pendente para seren atendidas/os.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión